ALCALDÍA
O Nobel de Física Anthony James Leggett visitou o Concello antes da inauguración do VIII Programa ConCiencia
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, recibiu en Raxoi a Sir Anthony James Leggett, Premio Nobel de Física 2003, quen asinou no Libro de Honra da cidade. O científico está en Compostela para inaugurar a oitava edición do Programa ConCiencia, acción de divulgación científica organizada polo Consorcio de Santiago e a USC.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo ao Plan Parcial do Muíño de Vidán
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, deu o visto bo á aprobación inicial do Plan Parcial do SUD-11 do Muíño de Vidán. Ademais, aprobáronse os actos con motivo do Día do Árbore e deuse conta da recepción das hortas de Fontiñas.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"
Para o sábado 9 de marzo está previstas unha novas ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.
CULTURA
Festival Internacional de Narración Oral Atlántica no ciclo Falabaratos
O Día da Muller Traballadora tamén ten o seu espazo en Atlántica, o festival internacional de narración oral que se celebra en Galicia estes días. Este venres 8, a partir das 21:00 horas, o Teatro Principal de Santiago acollerá unha gala especial dedicada á muller na que participarán 17 contacontos de diversas nacionalidades.
MULLER
O Concello homenaxea a Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras con motivo do Día Internacional da Muller
A concelleira de Muller, María Castelao, presentou o acto que con motivo da celebración do Día Internacional da Muller se celebrará o venres 8 marzo, ás 20:00 horas, no Pazo de Raxoi. O Concello homenaxeará a tres mulleres -Montse Liñares, Carmen Blanco e Carmen Pereiras- en recoñecemento ao seu esforzo no mantemento das tradicións culturais, do pequeno comercio e da hostalería, respectivamente.
CULTURA
O VI Ciclo 1906 Jazz trae de novo a Compostela unha representación do mellor das diferentes correntes do jazz actual
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o VI Ciclo de Jazz 1906 acompañado de Juan Paz, brand manager de 1906, e Carlos López, director artístico e coordinador musical do ciclo. Ron Carter Trío abre o domingo 17 de marzo este ciclo, composto por sete concertos.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo para inscribirse no curso para emprendedores "O marco persoal: aprendendo a xestionar a vida con talento"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso O marco persoal: aprendendo a xestionar a vida con talento, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.
EDUCACIÓN
A concelleira de Educación reuniuse co presidente das ANPAS de Santiago
A concelleira de Educación, María Castelao, reuniuse no Cersia (San Lázaro) co presidente da Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (ANPAS) de Santiago, Fernando Lacaci. Acompañouna a súa antecesora no cargo, Rebeca Domínguez.
EDUCACIÓN
Abertos os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Concellería de Educación informa da apertura dos prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Ademais, xa está dispoñible toda a documentación e información relativa á reserva, preinscrición e matrícula nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre, co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
TURISMO
Santiago promociónase na feira turística máis importante de Alemaña
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi as accións de promoción que Turismo de Santiago desenvolverá na ITB de Berlín, a feira turística máis importante do mercado alemán, que se celebrará do 6 ao 10 de marzo. A concelleira estivo acompañada de Jesús Sordo e Germán González, da Asociación Hostalería Compostela, que presentaron Santiago Pasión, a nova acción gastronómica que organizará a asociación en Semana Santa, coa...