COMERCIO
Primeira toma de contacto de Marta Lois cos representantes das asociacións comerciais Compostela Monumental e Em-Rede
Este pasado venres celebrouse a primeira das reunións coas que a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, está tomando contacto coas asociacións de comerciantes da cidade. Desta vez puido conversar coa presidenta da Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca Em-Rede, Eva López, e co Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, representado polo seu presidente, José Manuel Bello; o xerente, José Ángel Blanco; e o asesor xurídico, Javier Olmo.
ACCIÓN CULTURAL
Al Ayre Español estrea a súa versión das "Trio sonatas, opus 2" de Haendel no Via Stellae
O Festival Via Stellae chega ao seu último tramo tras varios días ofrecendo propostas musicais variadas en espazos singulares da cidade. Na xornada do martes 14 de xullo poderemos escoitar a Al Ayre Español, dirixidos por Eduardo López Banzo, a partir das 20:30 horas no Salón Teatro. Estrearán a súa versión integral das Trio sonatas, opus 2 de Georg Friedrich Haendel nun concerto que leva por título Xenio, delicadeza, inventiva… Haendel. Integral das sonatas opus 2.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela terá unhas festas do Apóstolo diversas, descentralizadas e abertas, con todas as súas actividades de balde
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o programa das festas dos Apóstolo, que arrancarán o venres 17 de xullo co pregón da futbolista santiaguesa Verónica Boquete. Serán 15 días de actividades, todas de balde, as que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a descentralización e a apertura.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello buscará outro emprazamento para o Centro Sociocultural do Casco Histórico
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Entre eles destacou a suspensión temporal das obras na parroquia de Angrois por cautela arqueolóxica, a prórroga do contrato do local sociocultural do casco histórico e a aprobación do texto do convenio para a xestión do servizo de comedor escolar.
TURISMO
Santiago de Compostela e Wakayama (Xapón) seguen traballando na promoción das súas rutas de peregrinación
As concelleiras de Turismo, Marta Lois, e de Economía, María Rozas, recibiron en Raxoi a Hiroyuki Tsui e Takashi Nishida, responsables do Departamento de Internacionalización e Intercambio Cultural do Goberno da Prefectura de Wakayama (Xapón).
ACCIÓN CULTURAL
La Bellemont e Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid, próximas propostas do Via Stellae
La Bellemont e Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid son as vindeiras propostas que nos trae a Compostela o Via Stellae. La Bellemont estarán este sábado, ás 20:30 horas, na Capela da Orde Terceira co programa Bach en trío. As tres sonatas para viola de gamba e clave obrigado, con entrada libre previa retirada de invitación. Pola súa banda, Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid tocará o luns, ás 20:30 horas, no Salón Teatro, presentando As bágoas do Anxo. Arias de ópera e cantatas de Haendel e.../em>
ALCALDÍA
Os nenos e nenas participantes no Programa Municipal de Conciliación de Verán coñeceron o funcionamento do Concello
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os nenos e nenas que están a participar no Programa Municipal de Conciliación de Verán. Despois do saúdo no salón vermello, os rapaces puideron coñecer as dependencias do Concello e o funcionamento da Administración máis próxima a eles.
ALCALDÍA
Reunión preparatoria do operativo de seguridade para o 24 e o 25 de xullo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mantivo unha reunión co subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro; o comisario da Policía Nacional de Santiago, Simón Sabariz; e o xefe da Policía Local, José Manuel Traba.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Santiago realiza unha viaxe musical de Galicia a Portugal
Novo concerto da Banda Municipal de Música de Santiago. Como é habitual durante o verán, o concerto será este xoves, ás 20:00 horas, na praza das Praterías.
ACCIÓN CULTURAL
Romina Basso & Alberto Mesirca e Roberto Oliveira noutra xornada do Via Stellae
A mezzosoprano Romina Basso e o guitarrista Alberto Mesirca darán un concerto dentro do Festival Via Stellae este venres 10 de xullo, a partir das 20:00 horas, na igrexa de San Fiz de Solovio. Completa o programa do día o percusionista Roberto Oliveira no Salón Teatro, ás 22:00 horas, dentro da sección Off#Stellae… improvisando!!. As entradas para os dous concertos son de balde previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21.00 h) e, de quedar algunha invitación, dende unha hora.../em>