ALCALDÍA

Nova xuntanza do Consello Económico e Social

05/11/2020

Trala súa posta en marcha, o pasado 22 de xuño de 2020, esta tarde volveuse reunir o Consello Económico e Social, neste caso para dar conta dos traballos efectuados ata o momento polo equipo coordinado polos profesores Melchor Fernández e Dolores Riveiro.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde de Santiago espera que as novas restriccións adoptadas pola Xunta "fructifiquen", ao tempo que lle pide compensacións para os sectores máis castigados

04/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, nunha primeira valoración das novas restriccións adoptadas pola Xunta de Galicia para doblar a curva epidemiolóxica de contaxios por covid-19, reitera o respecto por estas medidas, "e o acatamento e a vontade de cumprir e facer cumprir as directrices que emanan do Comité Clínico".

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Comeza o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que ten como obxectivo dotar as cooperativas de servizos de apoio ante a actual crise

04/11/2020

Hoxe comezou o plan formativo do programa de Mellora Empresarial da Economía Social, que desenvolve o Concello de Santiago e Espazo coop Unión de Cooperativas Galegas, co obxectivo de dotar ás cooperativas do municipio de servizos de apoio para superar a situación de crise económica creada pola pandemia da COVID19. Esta liña formativa impártese, ata o 15 de decembro, baixo o título "Dirixir en tempos de crise". Son 40 horas lectivas, nas que participan 27 persoas.

Ler máis

Santiago participa nun encontro internacional de expertos do proxecto europeo AtlaS-WH para mellorar a xestión das cidades Patrimonio Mundial

03/11/2020

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo "AtlaS-WH", centrado na xeración de plans de xestión sostible das Cidades Patrimonio Mundial incluídas na Área Atlántica. Esta iniciativa, liderada pola cidade portuguesa de Porto, conta tamén como socios coas cidades de Santiago, Burdeos e Edimburgo, ás que acompaña ademais Florencia pola súa experiencia na xestión de sitios Patrimonio Mundial.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o pago do convenio asinado coa Asociación Área Empresarial do Tambre para impulsar os obxectivos do pacto pola industrialización de Compostela

03/11/2020

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a xustificación e pagamento das actividades do convenio de cooperación entre a Asociación Área Empresarial do Tambre e o Concello de Santiago de Compostela para fomentar e impulsar o desenvolvemento dun polo de biotecnoloxía e outros obxectivos marcados no pacto pola industrialización de Compostela no marco do Programa Compostela Móvese 2020 COVID-2019. En concreto, aprobouse a xustificación parcial e pagamento da subvención nominativa á entidade...

Ler máis

URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a segunda fase do proxecto de colocación de fibra óptica na Cidade Histórica

03/11/2020

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a fase 2 do despregue da fibra óptica; e a reforma dos aseos públicos situados na Rúa da Trindade e na Alameda. Ademais, na reunión propuxéronse unha serie de modelos de mamparas ou biombos e de elementos calefactores para as terrazas situadas no ámbito do Plan Especial da Cidade Histórica.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba inicialmente a modificación da ordenanza fiscal que eximirá aos locais de hostalería de tributar polas terrazas en 2021

02/11/2020

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión ordinaria, acordou a aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal 3.24, relativa á taxa pola utilización privativa e o aproveitamenteo especial do dominio público local, que eximirá aos locais de hostalería de tributar polas terrazas no ano 2021. Segundo sinalou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, esta medida deriva do compromiso adquirido coa Asociación de Hostalería de Compostela e deberá ser ratificada en pleno para a súa...

Ler máis
Compartir: