CULTURA
A actriz Pilar López de Ayala e o director Oliver Laxe, premios Cineuropa
A actriz madrileña, Pilar López de Ayala e o director de ascendencia galega, Oliver Laxe, son os premios Cineuropa 2010. López de Ayala recollerá o seu galardón no decurso dunha gala que se celebrará o venres, 26 de novembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, e Oliver Laxe fará o mesmo o 30 de novembro. Así o anunciaron nunha rolda de prensa a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; o director do Festival, José Luis...
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá e o Consello de Relacións Veciñais homenaxean a Luís Pasín, Concepción Rozas e Xosé Mª Juncal
A Concellaría de Participación Cidadá e os representantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais, celebran este venres 12 os actos de homenaxe a tres persoas relacionadas co movemento veciñal compostelán: Luís Pasín Liñares, ex concelleiro; Concepción Rozas Cesar, vogal da A.V. "Sandra Prego" da Pontepedriña; e Xosé Mª Juncal Míguez, ex presidente da A.V. "Río Sarela" da Peregrina e presidente de FERUSA.
BENESTAR SOCIAL
Unha nova guía achega aos cidadáns información básica sobre as prestacións dos servizos sociais do Concello de Santiago
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou a Guía de Servizos Sociais. Esta nova publicación ofrece a través de sinxelas fichas, información básica sobre algunhas das prestacións que ofrece o Departamento.
CULTURA
XVI edición do Premio de Investigación sobre o Traxe Galego Antonio Fraguas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou xunto coa presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes, a convocatoria da XIV edición do Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Tradicional Galego.
VISITA DO PAPA BENEDICTO XVI
Sánchez Bugallo destaca o éxito dunha xornada na que "todo aquel que quixo ver ao Papa puido facelo"
Milleiros de persoas encheron as rúas compostelás para presenciar o paso da Súa Santidade o Papa durante o percorrido que realizou dende o aeroporto ata a praza da Inmaculada e na posterior Eucaristía. Rematados os actos e pouco despois de despedir ao Papa aos pés do avión que o levaría a Barcelona, o alcalde compostelán, Xosé A. Sanchez Bugallo, declarouse moi satisfeito por como transcorrera a xornada. "Todo aquel que quixo vir a Santiago a ver ao Papa puido facelo con total normalidade", indicou, valorando o bo...
VISITA DO PAPA BENEDICTO XVI
Bieito XVI demanda en Santiago unha Europa "aberta á trascencencia e á fraternidade con outros continentes"
Bieito XVI presidiu a Eucaristía na praza do Obradoiro ante unhas 6.000 persoas. Outras moitas persoas seguiron a cerimonia dende as sete pantallas dispostas noutros puntos da cidade. o Papa recordou unha vez máis a súa presenza en Santiago como "peregrino entre os peregrinos", aos que definiu como "forxadores do xenuíno espírito xacobeo".
ALCALDÍA
Todo listo para a visita da Súa Santidade o Papa Bieito XVI a Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asegurou en rolda de prensa que "todo está preparado" para a visita a Santiago do Papa Bieito XVI. Deste xeito, está todo disposto para un acontecemento cuxo operativo principal discorrerá entre as 22:00 horas do venres e as 22:00 horas do sábado, cando ademais do propio Pontífice, teñan deixado a cidade os milleiros de visitantes que estarán en Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde convida os veciños e veciñas a participar activamente na visita do Papa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, convida nun bando a todos os veciños e veciñas a participar nos actos da visita do Papa Bieito XVI. Ademais, pídelle aos cidadáns que sexan hospitalarios cos visitantes e que cumpran coas normas de seguridade e mobilidade.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións acolle a presentación artística do colectivo 20º 65% coa súa primeira mostra, "Identitas"
O venres, 5 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes), terá lugar a presentación pública do Colectivo Artístico 20º 65% (20ºC e 65% de humidade, condicións óptimas para conservar unha obra de arte). Unha mostra baixo o título Identitas serve de posta de longo para este grupo.
ALCALDÍA
O Congreso aproba a declaración do 800 aniversario da consagración da Catedral como feito de excepcional interese público
O Congreso dos Deputados aprobou a emenda de adición aos Orzamentos do Estado pola que o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago se declara acontecemento de excepcional interese público. Así o anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que cualificou como "extraordinaria" a noticia. A medida permitirá outorgar os máximos beneficios fiscais que a Lei prevé, nas mesmas condicións que neste Ano Santo.