XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local adxudica contratos por un importe superior aos 3,5 millóns de euros e acorda distintas medidas para dar cumprimento ás novas normas anticovid

06/11/2020

A Xunta de Goberno, reunida hoxe en sesión extraordinaria e urxente, adxudicou oito contratos de obras e de servizos por un importe superior aos 3,5 millóns de euros, IVE engadido. Tamén se analizaron as novas restricións adoptadas pola Xunta de Galicia para frear a cuva de contaxios da COVID19 e se acordaron distintas medidas para dar cumprimento á orde do DOG do 4 de novembro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Sábado de contos en Santiago co Festival Atlántica

06/11/2020

O Festival Atlántica comezará a xornada do sábado cunha sesión de Charo Pita no Centro Sociocultural de Vite para cativos con idades entre os 3 e 8 anos. A función, prevista para as 10.30 horas, levará por título ‘Menú de contos’ e para asistir cómpre reservar previamente a entrada no teléfono 981 542 490.

Ler máis

SMARTIAGO

O concello de Santiago e GAIN constatan os avances do proxecto Smartiago neste último ano

06/11/2020

Hoxe celebrouse o Comité de Seguimento do proxecto SMARTIAGO coa Axencia Galega de Innovación; no que participaron, vía telemática, os concelleiros de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; a concelleira de Modernización da Administración Local, Marta Abal; e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey. No encontro presentáronse os importantes avances que se fixeron nestes últimos meses no marco do proxecto. Estes avances son:

Ler máis

PROMOCION ECONÓMICA E EMPREGO

O Oficina de Promoción Económica oferta tres obradoiros online de balde sobre dixitalización e venda por internet dirixidos á hostelería, comercio e empresas culturais

06/11/2020

A Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago de Compostela, oferta tres seminarios de "Dixitalización e venda por internet" dirixidos aos sectores da hostelería, comercio e empresas culturais; tres dos sectores que máis están a sufrir a crise económica derivada da crise sanitaria da COVID19.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Os contos do Festival Atlántica regresan hoxe a Santiago cunha función infantil que se retransmitirá a través da rede de Centros Socioculturais

05/11/2020

Este xoves, 5 de novembro, os contos do Festival Atlántica volverán a Compostela para completar a súa oitava edición, interrompida de súpeto pola declaración do estado de alarma. Malia as restricións sanitarias vixentes, o veterano encontro de narración oral, no que colabora o concello de Santiago; ten previsto programar 24 espectáculos que se van desenvolver os días 5, 6, 7 e 13 de novembro e mais o 5 e o 6 de decembro cun formato híbrido que compaxinará as sesións presenciais coas actuacións en...

Ler máis
Compartir: