URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente a séptima fase do despregamento de fibra óptica na zona monumental

02/02/2021

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a séptima fase do "Proxecto de infraestutura de telecomunicacións para o despregamento de Rede FTTH Orange/Jazztel na cidade histórica de Santiago de Compostela. Fase 7", que conta cun orzamento de execución material de 25.259,35 euros.

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio realizará unha campaña de promoción turística na primavera

02/02/2021

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade empezou a traballar nunha potente campaña de publicidade que se porá en marcha no momento en que o permita a pandemia, segundo explicou o presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, tras a reunión da Comisión de Turismo celebrada hoxe de forma telemática: "Imos desenvolver campañas de promoción turística a partir dos meses de maio e xuño e imos dedicar todos os nosos esforzos a tentar que, unha...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde observa unha "certa estabilización" dos datos da covid na cidade

01/02/2021

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno, ademais de para valorar a evolución da pandemia na cidade. Á luz dos últimos datos (a día de hoxe hai 708 casos activos), o alcalde cre que se pode estar chegando "á fase de meseta".

Ler máis
Compartir: