SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello informa a comerciantes, hostaleiros e veciños das medidas de seguridade con motivo da visita do Papa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, mantiveron unha reunión con representantes dos comerciantes, hostaleiros e veciños da cidade. Na mesma informóuselles das diversas medidas operativas e de seguridade que se tomarán na zona histórica con motivo da visita do Papa o 6 de novembro e que afectarán a cuestións como o estacionamento, a carga e descarga, os accesos ou as consignas.
ALCALDÍA
Once mil euros para tres programas da Cruz Vermella de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Rufino Constantino Pérez Outes, asinaron no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal achega 11.000 euros á ONG.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o embaixador de Cuba
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o embaixador de Cuba en España, Alejandro González Galiano.
ALCALDÍA
Máis de mil de persoas asisten á Feira de Emprego de Compostela
Un total de 1.175 persoas asistira, ata a unha da tarde, á I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, a primeira destas características que se celebra en Galicia, organizada pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Ao longo da mañá realizáronse 157 entrevistas de traballo, en 12 salas habilitadas ao efecto, e impartíronse cinco conferencias, repartidas no salón de actos e en dúas aulas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"deCÁTAte" convida a degustar os viños, queixos, meles e aceites de Galicia
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o programa deCÁTAte. Consistirá nunha serie de catas de viños galegos, queixos, mel e aceite en varios centros socioculturais.
URBANISMO
EMUVISSA presentou o Plan de Acción Local de Vivenda na reunión do programa SUITE
O Plan desenvolve un proxecto piloto que proxecta a creación do primeiro edificio do parque público de vivenda protexida de alugueiro para grupos desfavorecidos.
ALCALDÍA
Seiscentos congresistas debaten en Santiago sobre a enerxía nuclear
O alcalde compostelán inaugurou a 36ª Reunión Anual da Sociedade Nuclear Española. Celébrase do 6 ao 8 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Na xornada anterior, Sánchez Bugallo recibira os participantes en Raxoi.
EDUCACIÓN
O Concello renova a súa colaboración co programa de educación para adultos da Fundación Radio ECCA
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou a programación do Centro de Educación para Adultos Radio ECCA, acompañada pola directora xeral de Radio ECCA Galicia, Carmen Dios. Esta iniciativa segue a ter como obxectivo principal a preparación para obter o título de Graduado en Secundaria nun ano e estudando dende a casa.
ALCALDÍA
Alumnos de varios países participan nunha nova edición do Curso do Camiño da USC
Está a celebrarse a IV Edición do Curso do Camiño de Santiago, organizado polos Cursos Internacionais da USC. O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu os participantes e responsables do curso en Raxoi.
EMPREGO
As 73 empresas inscritas na Feira do Emprego ofertarán 345 postos de traballo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias presentou, acompañado de representantes das entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego, o programa da I Feria do Emprego de Santiago de Compostela, que se celebrará o xoves 7 e o venres 8 de outubro no edificio Cersia, situado en San Lázaro.