ALCALDÍA
Concello e empresas locais buscarán unha ferramenta para mellorar a xestión enerxética das infraestruturas dos servizos municipais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou esta mañá un convenio de colaboración cun consorcio de empresas locais de I+D+i para a redución de emisións de CO2, no marco do proxecto Zero Emissions Cities (ZEC). Esta iniciativa permitirá adoptar medidas de mellora da xestión enerxética e deseñar luminarias para os sistemas de alumeado público e mobiliario intelixentes.
ALCALDÍA
O Concello colabora na campaña "Cremos en Santiago" co obxectivo de impulsar o consumo nos comercios da cidade
SabadellGallego porá en marcha a campaña Cremos en Santiago, para dinamizar durante todo o ano o sector do comercio e o consumo en Santiago de Compostela. O director rexional en Galicia de SabadellGallego, Juan Moríñigo, e outros directivos da entidade reuníronse esta mañá co alcalde de Santiago, Agustín Hernández, a quen presentaron as características desta campaña, da que poderán beneficiarse todos os comercios da cidade.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O CIAC organiza este mes un obradoiro sobre Sistemas Participativos de Garantía e un roteiro polas Brañas do Sar
Este mes de outubro, o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) organiza un obradoiro sobre Sistemas Participativos de Garantía (SPG) e un roteiro polas Brañas do Sar.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu unha delegación de participantes no programa Comenius
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no salón vermello un grupo de integrantes do programa Comenius, no que participa o IES Xelmírez I. O grupo estaba formado por 60 persoas (20 alumnos e 13 profesores estranxeiros de 6 países europeos, e 21 alumnos e 6 profesores do IES Xelmírez).
SOLIDARIEDADE
ABAGAL celebra a súa Gala da Diversidade
A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL) presentou en rolda de prensa a súa VIII Gala da Diversidade, que se celebrará este domingo 19 de outubro, ás 17:30 horas, na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. A entrada pódese adquirir no despacho de billetes a un prezo solidario de 6 euros.
CONSORCIO
Nenos de entre 6 e 12 anos poderán construír a Compostela actual e futura con materiais reciclados no Museo das Peregrinacións
O Consorcio de Santiago vai celebrar no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías) un total de 36 obradoiros didácticos para nenos, todas as fins de semana dende outubro ata mediados do mes de decembro. Esta iniciativa diríxese a rapaces de entre 6 e 12 anos. Ten como obxectivo achegar a historia de Compostela aos máis pequenos, mediante experiencias lúdicas e enriquecedoras artelladas en torno a unha serie de propostas diferentes.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Nova cita co programa "Imos ao baile" no CSC do Castiñeiriño
Un sábado máis, os centros socioculturais acollen sesión do programa Imos ao baile 2014, actividade para maiores promovida polos departamentos de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Desta vez a cita é no Centro Sociocultural Agustín Bueno do Castiñeiriño, este sábado 18 de outubro, ás 17:30 horas.
CULTURA
Segunda edición en Compostela do Outlet do Libro Galego do 18 ao 26 de outubro
A concelleira de Cultura, María Antón, presentou na Casa do Concello o Outlet do Libro Galego, que se celebrará do 18 ao 26 de outubro, organizado polo Concello de Santiago, a Asociación Galega de Editores e a Libraría Pedreira. Na presentación participaron tamén Xosé Aldea, editor e responsable dos Outlet pola Asociación Galega de Editores, da que é subdirector, e Antón Pedreira, da Libraría Pedreira, que xestiona o Outlet en Santiago.
CULTURA
A compañía Los Lunes presenta "Cuerdas" e "Wild Wild Wilde" no ciclo Teatro & Danza
A compañía madrileña Los Lunes ofrece este venres e o sábado dúas obras dentro do ciclo Teatro & Danza 2014, ambas dirixidas pola compostelá Fefa Noia: Cuerdas e Wild Wild Wilde.
CULTURA
Concerto de LA M.O.D.A e do trío sueco Heavy Tiger dentro do Compostela Rock
O ciclo Compostela Rock ofrece este venres unha nova proposta na Sala Capitol. Poderemos escoitar a La Maravillosa Orquesta del Alcohol, un orixinal sexteto que mestura música acústica e instrumentos como acordeón, banxo, mandolina e saxofón.