URBANISMO
EMUVISSA convocará un concurso de alleamento dunha parcela en Pontepedriña e doutras dúas na Muíña
O consello de administración de EMUVISSA acordou convocar un concurso de alleamento de tres parcelas: unha no polígono de Pontepedriña e dúas no da Muíña. As tres parcelas para o concurso supoñen 7.300 metros cadrados de solo, cunha edificabilidade residencial de 15.463 metros cadrados para 146 vivendas de protección, das cales 84 son de réxime especial, e 1.202 metros cadrados de solo comercial. Estas parcelas sairán a concurso de inmediato. O importe total do concurso é de 4.250.000 euros.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago repasa no seu último libro o Santiago dos anos 40 e 50
O Consorcio de Santiago e Sotelo Blanco coeditan un libro no que se recollen os recordos e vivencias que de Santiago ten Xulio Fernández Pintos. Vida e andainas é un libro construído a base de diferentes relatos que, colocados a modo de teselas, conforman o mosaico do Santiago dos anos 40 e 50.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu á Asociación Puertorriqueña de Licenciados
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á Asociación Puertorriqueña de Licenciados en Universidades Españolas.
CULTURA
O Festival Amal ofrece 45 filmes e numerosas actividades paralelas
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, participou na presentación do Festival Euro-Árabe de Cinema Amal, xunto co seu director, Ghaleb Jaber Martínez; o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos; o director do Consorcio Audiovisual, Anxo Quintanilla; o director de AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero; e unha representante da TVG, Montse Besada. García Conde destacou que Compostela é unha cidade de "encontro, comunicación e diálogo entre diferentes culturas" e o Festival Amal e os seus...
CULTURA
Projects in Movement, do coreógrafo israelí Sharon Fridman, no Teatro Principal
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais trae dentro do programa SCQ Danza a compañía de danza contemporánea Projects in Movement, a nova aposta do bailarín e coreógrafo israelí afincado en Madrid Sharon Fridman, que achegará dúas coreografías: Shakuff e Carlos & Me.
EMPREGO
A Feira do Emprego pecha con máis de 3.200 asistentes e 240 entrevistas de traballo
Un total de 3.202 persoas asistiu á I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e na que colaboran as entidades asinantes do Pacto Local polo Emprego. O número de asistentes triplica polo tanto ao número de persoas inscritas a través da páxina web do evento.
CONSORCIO
O Consorcio inicia os traballos para eliminar humidades no convento do Carme
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, comezou esta os traballos de erradicación de humidades no convento do Carme. O estado no que se atopaba a cuberta da igrexa e dalgunhas partes das dependencias monacais, así como algúns tramos de escaleiras de acceso ao baixo cuberta e campanario, obrigaron a acometer un estudo previo para poñer en marcha as obras necesarias para atallar o problema.
ALCALDÍA
A visita de Benedicto XVI mobilizará o dispositivo de seguridade máis importante realizado nunca en Galicia
Máis de 6.000 efectivos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado velarán pola seguridade da Súa Santidade o Papa e dos milleiros de visitantes que estarán en Santiago de Compostela o 6 de novembro. Así se anunciou tras a reunión de coordinación de seguridade celebrada en Raxoi.
REHABILITACIÓN
En marcha as primeiras obras da ARI do barrio de Vista Alegre
A veciñanza do barrio de Vista Alegre puido hoxe transmitirlle directamente á concelleira de Rehabilitación, Olga Pedreira, os seus pareceres e opinións sobre como están a transcorrer as primeiras obras da ARI do polígono de Vista Alegre. A edil achegouse ata o número 6 da rúa Santa Uxía de Ribeira para coñecer de primeira man como están a transcorrer estes traballos. Neste portal están xa en marcha as obras para a instalación dun aparello elevador e de rehabilitación de toda a fachada.
EMPREGO
A segunda xornada da Feira do Emprego centrouse nas entrevistas de traballo, no autoemprego e na busca por internet
Finalizou a segunda xornada da I Feira do Emprego de Santiago de Compostela, organizada pola concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Impartíronse dúas conferencias, dous obradoiros, un seminario, e a presentación dun estudo, ás que asistiron 660 oíntes. Centráronse en tres temas: como afrontar con éxito unha entrevista de traballo, como buscar traballo a través de internet e o autoemprego.