PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Estatístico 2010 incorpora seis novos apartados con datos sobre aparcamentos, transporte ferroviario, taxis, correos, dependencia e emigración e inmigración
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Estatístico 2010. O obxectivo da publicación, que contén datos do 2009, é amosar a evolución e a situación actual do Concello de Santiago a través dunha análise rigorosa, en cifras, da súa realidade económica, social e cultural.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co líder da antiga Igrexa Ortodoxa Grega en Xerusalén
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse en Raxoi co arcebispo de Sebaste, Theodosius Atallah Hanna, quen está en Santiago para manter diversos contactos con autoridades civís e eclesiásticas.
CULTURA
"A Nona", de Teatro do Morcego, estará no Principal o 18 e o 19 de decembro
Dentro da programación da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, esta fin de semana -sábado e domingo ás 21:00 horas- poderemos asistir ao novo espectáculo de Teatro do Morcego, A Nona, unha comedia grotesca que nos fará rir pero tamén reflexionar.
COMERCIO
Vinte e nove comercios de Compostela inscribíronse na Edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
Vintenove comercios de Compostela inscribíronse na edición de Nadal do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2010, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Os sectores representados son os de moda e complementos, alimentación, artesanía, óptica, iluminación e fotografía, entre outros.
CIDADE HISTÓRICA
"Compostela 2021. A cidade intuída", un congreso para imaxinar a cidade na que desexamos vivir neste século
"Coa finalización deste ano Xacobeo 2010 e ata a chegada do próximo no ano 2021 ábrese un amplo paréntese temporal que non deixa de ser unha boa oportunidade para pór en común e imaxinar que futuro queremos para a nosa cidade". Con estas intencións comunicou a concelleira da Cidade Histórica, Olga Pedreira, a celebración do congreso Compostela 2021. A Cidade intuída, acompañada por Javier Fernández, xefe da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Novi Ius Avogados, o restaurante O Dezaseis e Atlántica de Información e Comunicación de Galicia reciben os Premios Manuel Beiras
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entregaron os galardóns da décimo primeira edición dos Premios Manuel Beiras. Nesta ocasión os premiados foron o gabinete Novi lus Avogados, o restaurante O Dezaseis e Atlántica de Información e Comunicación de Galicia.
ALCALDÍA
Ródase en Compostela un documental sobre Valle-Inclán
José Luís García Sánchez está a rodar en Santiago de Compostela un documental sobre a figura do escritor galego Ramón María del Valle-Inclán. O equipo do filme compartiu uns minutos co alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
MEDIO AMBIENTE
As cidades Patrimonio da Humanidade de España presentan un percorrido inédito polo seu patrimonio natural
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, a través da súa Comisión de Medio Ambiente, presentou o libro Patrimonio natural. Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, unha obra na que mediante un percorrido inédito, literario e visual, búscase dar a coñecer e potenciar os valores naturais das trece cidades que integran o Grupo.
PLENO
O alcalde destaca o dinamismo e a fortaleza da cidade malia a crise
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fixo balance da xestión municipal no último exercicio. A piques de rematar 2010 e malia o impacto da crise económica, constata unha cidade dinámica, sólida e "nas mellores condicións para, no momento da saída da crise, amosar ao mundo a nosa fortaleza".
URBANISMO
Entregados os premios do Concurso de Fotografía "Realidades de EMUVISSA"
A concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, entregou os premios do I Concurso de Fotografía Realidades de EMUVISSA, convocado pola empresa municipal para celebrar o seu décimo aniversario. A esta primeira edición do certame presentáronse 21 fotografías.