PLENO

O pleno aproba o destino dos remanentes, a modificación de crédito para o Plan de Sostibilidade Turística e o inicio da modificación do PXOM para regular as vivendas turísticas

17/11/2020

No pleno extraordinario do Concello de Santiago celebrado hoxe aprobouse o expediente de crédito extraordinario para atender o pagamento de sentenzas, para a realización dunha serie de investimentos no ámbito urbano e rural, e para a concesión de axudas no ámbito da cultura, do comercio e a hostalería local, por un importe total de 9.501.325,45 euros, financiado na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do exercicio 2019.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Remata a primeira fase das actividades do departamento de educación viaria da Policía local nos centros escolares

17/11/2020

O departamento de educación viaria da Policía local segue comprometido cos escolares a pesar das circunstancias especiais impostas pola pandemia. Aínda que arrancou un pouco máis tarde, o programa que busca facer dos pequenos e pequenas uns viandantes concienciados e seguros chegou, nesta primeira fase, ao alumnado de 4º de primaria de 14 centros da cidade.

Ler máis

URBANISMO

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente o proxecto de substitución das cubertas do Pazo de Raxoi

17/11/2020

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a rehabilitación da cuberta do Pazo de Raxoi e o cambio de sala de caldeiras de gasóleo a gas natural, no mesmo inmoble; asi como a terceira fase do despregue da fibra óptica na cidade histórica.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a suspensión da taxa variable da recollida de lixo para as empresas e entidade afectadas polo peche derivado das actuais restriccións anticovid

16/11/2020

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou a proposta para que se suspenda a taxa variable pola prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos durante o período ao que se refire a orde do 4 de novembro de 2020 (pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID19 na Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, afectaría a negocios, vivendas colectivas, administracións...

Ler máis

TURISMO

Primeira xuntanza entre Concello, Xunta e Goberno central para a posta en marcha do Plan de Sostibilidade Turística de Santiago

16/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, e o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, co obxecto de comezar a traballar na posta en marcha de Plan de Sostibilidade Turística de Santiago. Á xuntanza tamén asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte.

Ler máis

URBANISMO

Impulso á rehabilitación na ARI de Pontepedriña

13/11/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez Mejuto, visitaron esta mañá a Área de Rehabilitación Integral de Pontepedriña, onde xa está en marcha a obra de colocación do primeiro ascensor exterior para dotar de maior accesibilidade ás vivendas do barrio.

Ler máis

IGUALDADE

Compostela en Negro volve denunciar as violencias machistas neste 25N con catro accións de concienciación, entre elas o reparto de 4.500 máscaras nas farmacias da cidade

12/11/2020

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou as accións programadas de cara ao 25 de novembro, "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" no marco da campaña Compostela en Negro, para as que pide, un ano máis, a colaboración da cidadanía. Actividades que se desenvolverán, sinalou, "nun ano triste, gris, marcado polas consecuencias sanitarias e socioeconómicas dunha terrible pandemia que afecta a todo o planeta". Un contexto, no que, engadiu, as mulleres...

Ler máis
Compartir: