TURISMO

Reunión coa Asociación Hostelería Compostela para estudar as bases da nova convocatoria de axudas ao sector

16/03/2021

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe cunha representación da Asociación Hostelería Compostela; encabezada pola súa presidenta, Sara Santos. No encontro estudáronse e valoráronse as bases da nova convocatoria de axudas destinadas ao sector, a terceira que pon en marcha o Concello de Santiago desde que comezou a crise sanitaria, hai agora un ano.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O festival ‘Alguén que respira’ readapta o seu calendario ás circuntancias da pandemia e esténdese ao longo do 2021 en catro xornadas que se celebrarán cada día 21 de solsticio e equinoccio

16/03/2021

A inauguración terá lugar no Teatro Principal o 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, cun manifesto de Manuel Rivas e unha panorámica de poetas peninsulares que viven a primavera creativa. O programa completo foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o director do festival, Antón Lopo.

Ler máis

URBANISMO

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico informa favorablemente o plan de actuación para o desenvolvemento do sistema de alumeado ornamental Cromalux

16/03/2021

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico, presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, informou favorablemente, entre outros asuntos, a solicitude de aprobación do "Plan Actuación para o desenvolvemento dun sistema de alumeado ornamental para a conservación do patrimonio (Cromalux)", que está a desenvolver a sociedade Televés, en colaboración coa USC e a empresa Ferrovial para unha instalación piloto de iluminación da fachada da Casa do Cabido no marco do proxecto Smartiago.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba definitivamente o proxecto de urbanización de Casas do Rego

15/03/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou definitivamente o "Proxecto de urbanización do polígono de solo urbano non consolidado nº 39 de Casas do Rego". O alcalde de Santiago, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, sinalou que se vai recuperar esa antiga fábrica de curtidos, situada subindo cara ao monte Pedroso pola parte esquerda.

Ler máis

COMERCIO

As asociacións de comerciantes da cidade apostan por retrasar a terceira convocatoria de axudas ante a posibilidade de que se incremente a súa contía

15/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, para seguir traballando sobre as bases do terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de cerca están padecendo as consecuencias das medidas restritivas ditadas para frear a pandemia, neste caso o comercial.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago celebra o seu 25 aniversario

13/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiron o acto de celebración deste cuarto de siglo, no que tamén se presentaron os tres novos vehículos cos que contará a Agrupación para afrontar con maiores garantías os vindeiros Anos Santos. Ao acto tamén asistiron Blas García Piñeiro, deputado responsable de Promoción Económica e Asistencia a Municipios da Deputación de A Coruña; a concelleira e deputada provincial Mila Castro; o director...

Ler máis
Compartir: