EDUCACIÓN
Concerto de clausura do Curso de Música de Cámara da Escola Municipal de Música
Dende o 21 de novembro, a violinista da Real Filarmonía de Galicia Irina Gruia vén impartindo un Curso de Música de Cámara na Escola Municipal de Música. Un concerto final pechará a actividade.
ALCALDÍA
O Goberno municipal prepara uns orzamentos para 2012 que terán como prioridade os servizos sociais
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu a xuntanza que o Goberno municipal celebrou na Casa Grande do Bachao, en Santa Cristina de Fecha.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebrou o seu festival de Nadal no Auditorio de Galicia
Con motivo do Nadal e como broche final ao traballo realizado polo alumnado da Escola neste primeiro trimestre do curso 2011/2012, a Escola Municipal de Música celebrou o seu Festival de Nadal no Auditorio de Galicia.
EMPREGO
O programa de inserción laboral "Emprego Santiago" desenvolve 12 accións formativas
A concelleira e Familia, Benestar Social, Muller e Emprego visitou os alumnos do programa Emprego Santiago, que están realizando un curso de cociña no Albergue de Xoán XXIII. Este curso forma parte das 12 accións formativas modulares que neste mes de decembro se están a realizar no marco do programa integral de inserción Emprego Santiago.
DEPORTES
O Torneo de Nadal "A Gaiola" promove por terceiro ano o acceso da muller ao deporte
O pavillón do Restollal acollerá o sábado 17 o Torneo de Nadal "A Gaiola". Baixo o lema "Todo é Deporte! Igualdade de xénero e non violencia", a iniciativa contará con varios partidos de fútbol sala, concursos e sorteos.
CULTURA
A Banda Municipal ofrece un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes Galegos
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela celebra o domingo 18 un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes, unha das novidades mais esperadas da programación 2011-2012. Este ciclo inclúe sete concertos nos cales a Banda Municipal contará ao longo de toda a tempada con sete solistas diferentes. Desta vez, o solista será o trompetista Víctor Manuel Vilariño.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela xa loce de Nadal
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu na praza do Obradoiro o acto de acendido das luces de Nadal. A iluminación adornará 36 rúas e prazas ata o 6 de xaneiro, dende as 18:00 ás 02:00 horas, agás os días 24 e 25 de decembro e 5 de xaneiro, nos que permanecerá acesa ata o amencer.
COMERCIO
O comercio de Santiago celebra as súas primeiras Noites Abertas cunha viaxe a Eurodisney e moitos premios máis
A Concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez as Noites Abertas do comercio compostelán, que se integran dentro do programa municipal de actividades para Nadal e que contan coa colaboración das asociacións comercias da cidade, Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.
EDUCACIÓN
Un debuxo sobre os Reis Magos na pista de xeo será a imaxe do cartel do Nadal 2011
O xurado emitiu o seu veredicto e xa se coñece o debuxo que ilustrará o cartel do Nadal 2011. Será unha ilustración realizada por unha rapaza de 11 anos, Carmen Sánchez, que amosa os Reis Magos rodeados de nenos na pista de xeo instalada na praza da Quintana.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras de restauración da Casa do Cabido
Logo de once meses de obras de rehabilitación, un mes antes do previsto, o edificio barroco coñecido como Casa do Cabido volve abrir as súas portas destinado a uso público. O seu primeiro uso logo da súa restauración, será unha exposición que recreará a Compostela de 1211, ano da consagración da Catedral.