XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a apertura do procedemento de adxudicación da rehabilitación do palacete da Finca do Espiño

19/04/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, entre outros asuntos, a apertura do procedemento de adxudicación, mediante procedemento aberto simplicado, do expediente denominado "Execución das obras de rehabilitación do palacete da Finca do Espiño para equipamento municipal cultural e administrativo", incluido na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI). O tipo de licitación establécese en 1.463.686 euros, e contaría cun período de execución de 12 meses.

Ler máis

CIDADES PATRMONIO

As Cidades Patrimonio prevén a recuperación turística para o segundo semestre e preséntanse en Sevilla como destinos preferentes

19/04/2021

A cidade de Sevilla acolleu hoxe a presentación da oferta promocional a nivel nacional do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE) e de Paradores de Turismo, coa firme idea de marcar un punto de inflexión de cara á recuperación turística e á apertura da mobilidade entre comunidades o próximo mes de maio, escenario no que se traballa intensamente desde o Grupo. O evento contou coa presenza do presidente do Grupo e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna; o presidente de Paradores, Óscar...

Ler máis

ALCALDÍA

A Xunta de Goberno do luns 19 aprobará a proposta de distribución dos preto de 2,5 millóns de euros de remanente pendentes de asignar

16/04/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou na rolda de prensa deste venres que a proposta do goberno sobre o reparto dos 2.458.929,07 euros do remanente do ano pasado pendentes de asignar será aprobada na sesión ordinaria da Xunta de Goberno local do vindeiro luns, 19 de abril, co obxecto de que poida ser ditaminada pola Comisión de Facenda o xoves 22 e incluída na orde do día do pleno do día 29. Segundo sinalou o rexedor, se o pleno dá o visto bo á proposta, a convocatoria de axudas directas para os sectores...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Luz verde a dúas modificacións de crédito que se destinará a tres proxectos EDUSI e ao contrato do novo sistema de seguridade e comunicación do parque de bombeiros

16/04/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou dúas modificacións de crédito. Unha, por 50.000 euros, destinada a tres proxectos da EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado); e a outra, por 370.013,86 euros, para dar cobertura á adxudicación do contrato de "Subministración e instalación de sistemas de seguridade, comunicacións e modernización do centro de control do Parque de Bombeiros de Santiago de Compostela".

Ler máis

ALCALDÍA

Xuntanza coa nova directora de Proxecto Home

15/04/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe un encontro coa nova directora de Proxecto Home, Ofelia Debén Rodríguez. No encontro tamén participou o presidente da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home, Ramón Gómez Crespo.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais programa unha ducia de actividades de fomento da lectura con motivo do Día Internacional do Libro

15/04/2021

A Concellaría de Centros Socioculturais programou unha decena de actividades con motivo do "Día Internacional do Libro" que se celebra o 23 de abril. Son en total sete accións de fomento da lectura que se desenvolverán nos CSC de Santa Marta, Vite, O Romaño, Conxo e Fontiñas. E como apoio, para impulsar a participación da cidadanía, tres accións en redes, entre as que figura unha recomendación de libros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Chega ao Auditorio de Galicia ‘El bar que se tragó a todos los españoles’, do Centro Dramático Nacional

14/04/2021

Trátase da primeira creación de Alfredo Sanzol á fronte do CDN e conta a historia de Jorge Arizmendi, un cura navarro que en 1963, con trinta e tres anos de idade, deixa o sacerdocio e viaxa aos Estados Unidos para mudar de vida. Haberá dúas funcións, venres 16 e sábado 17, ambas a partir das 18.30 h, dentro da programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

Ler máis

ALCALDÍA

Visita da cónsul de Colombia

14/04/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira Mila Castro, de quen depende a Unidade Municipal de Atención ás Migracións (UAMI), recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi á cónsul de Colombia, Gloria María Borrero Restrepo.

Ler máis

BARRIOS E OBRAS

A concellaría de Obras presenta un balance dos traballos rematados e proxectados en 2020 e a planificación de actuacións para este ano

14/04/2021

O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, presentou un resumo das actuacións levadas a cabo polo seu departamento en 2020, e adiantou a planificación de obras para este exercicio. Explicou que este ano hai seis obras en execución e estanse planificando outras 16 actuacións; que o ano pasado se executaron 23 obras, que xa están finalizadas; e que se remataron 16 proxectos, que está previsto executar en breve.

Ler máis
Compartir: