DEPORTE
A Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, realizou un ano máis a súa tradicional ciclomarcha a Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales, recibe no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír a XXVIII edición da súa ciclomarcha a Compostela.
DEPORTE
Santiago acolle do 24 ao 27 de xuño o II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket
O Pavillón do Restollal acolle do 24 ao 27 de xuño o II Jamboree Nacional de Clubs de Minibasket. A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, ofreceron en rolda de prensa os detalles deste evento, que reúne 24 equipos (12 masculinos e 12 femininos) e unhas 360 persoas.
ALCALDÍA
Compromiso de Fomento para iniciar este luns as obras do paso inferior de Conxo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou que as obras do paso inferior de Conxo comezarán o vindeiro luns e que a partir do mércores xa haberá maquinaria pesada traballando na zona. Este é, cando menos, o compromiso manifestado polo director da obra, en representación do Ministerio de Fomento, na reunión mantida esta mañá, na que tamén participaron os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Convivencia, Xan Duro.
ALCALDÍA
Mariño Noriega expresa a solidariedade do Concello de Santiago coa saharauí Takbar Haddi na súa demanda da verdade sobre a morte e o paradeiro do seu fillo
A presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), Maite Isla, e o activista Hassanna Aalia, deron a coñecer aos medios de comunicación o caso da nai saharauí Takbar Haddi, en folga de fame para reclamar o corpo do seu fillo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegouse a saudar os membros de SOGAPS e ao activista, que estará na praza do Obradoiro ata as 10:00 horas do martes para facer visible a protesta.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
Os barrios e parroquias de Compostela celebrarán o San Xoán con máis de 300 cacharelas e sardiñadas
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xa Duro, deu conta das 59 cacharelas e sardiñadas públicas autorizadas para celebrar o San Xoán. Ademais, nos diferentes barrios e parroquias celebraranse máis de 300 cacharelas privadas. Da boa marcha desta noite do 23 de xuño encargarase un operativo de seguridade integrado por 50 persoas.
ALCALDÍA
Primeira xunta de voceiros municipais para preparar o pleno de constitución
O salón verde de Raxoi acolleu a primeira xunta de voceiros da nova Corporación, presidida polo alcalde compostelán, Martiño Noriega. Participaron tamén os voceiros de Compostela Aberta, Marta Lois; do PP, Agustín Hernández; do PSdeG-PSOE, Francisco Reyes; e do BNG, Rubén Cela.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Máis de 200 intérpretes de diversas idades encheron de música as rúas e prazas do casco histórico de Santiago de Compostela
As prazas de Praterías, Cervantes, Toural e as rúas Nova e do Vilar acolleron ao longo de toda a xornada do sábado as actuacións da Banda Xuvenil de Lalín, da Escola Municipal de Música de Santa Cruz de Rivadulla, da Escola Municipal de Música de Vigo e da Banda, da Bandiña e do Grupo de Música Tradicional da Escola Municipal de Música de Santiago. Máis de 200 músicos de idades moi diversas encheron de música a cidade no marco deste I Encontro de Escolas e Agrupacións de Escolas Municipais de...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Publicadas as listaxes definitivas de admitidos, agarda e vacantes nas Mañás de Verán e de Xogo nos centros socioculturais
O Departamento de Centros Socioculturais vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos e de agarda das Mañás de verán nos centros socioculturais de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta, logo da realización do sorteo público o pasado xoves 18 de xuño.
ALCALDÍA
O Concello aforrará máis de 300.000 euros deixando vacantes as direccións de área
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, anunciou que o Goberno municipal vai deixar vacantes as cinco direccións de área, das que catro se atopaban ocupadas actualmente. A supresión destas catro direccións suporá un aforro anual para o Concello de 301.360 euros. Sumada a outra dirección actualmente non ocupada, a reserva orzamentaria por estes cargos era de 367.000 euros anuais.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O I Encontro de Escolas e Agrupacións Municipais de Música reunirá máis de 200 músicos nas prazas compostelás
A Concellería de Educación e Cidadanía e a Rede de Escolas de Música de Compostela súmanse un ano máis á celebración do Día Europeo da Música, que se celebra o domingo 21 de xuño. Nesta ocasión, varias prazas da cidade acollerán ao longo do sábado 20 o I Encontro de Escolas e Agrupacións Municipais de Música, con diversas actuacións nas que participarán máis de 200 músicos.