DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O "Efecto Proximidade" volve este xoves ao mercadiño de Salgueiriños
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou as actividades do Efecto Proximidade que terán lugar no mercado de Salgueiriños os xoves 18 e 25 de agosto e o 1 de setembro. Esta acción enmárcase nas actividades do programa municipal Compostela Móvese, plan que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.
ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, co que falou sobre a nova tempada que o equipo iniciará en breve na Terceira División.
ALCALDÍA
O alcalde inicia contactos coa Xunta para abordar a situación das parroquias afectadas polos incendios forestais
O alcalde iniciou hoxe contactos coa Xunta de Galicia para abordar a situación de San Xoán e Santa Cristina de Fecha, as parroquias máis afectadas polos incendios forestais da semana pasada. Martiño Noriega mantivo unha conversa telefónica coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, que se comprometeu a estudar as posibles medidas adoptar, tanto co Concello como cos representantes das zonas arrasadas polas lapas. O rexedor expresou a súa vontade de "traballar de xeito coordinado entre as distintas administracións, cada...
CONVIVENCIA
A Policía Local de Santiago colabora esta fin de semana noutra campaña da DXT de control de alcohol e drogas
A Policía Local colabora unha vez máis coa Dirección Xeral de Tráfico nunha campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas. Por tal motivo, realizará controis entre o 12 e o 14 de agosto.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato de mantemento e reparación de pavimentos
A alcaldesa en funcións, María Rozas, deu conta esta mañá en rolda de prensa dos asuntos acordados pola Xunta de Goberno Local, entre os que figuraba o contrato de mantemento e reparación de pavimentos na vía pública.
ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
O Concello pídelle a Fomento a redacción dun proxecto máis completo para a humanización da rotonda de Conxo
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, deu conta esta mañá do proxecto remitido a finais do mes de xullo polo Ministerio de Fomento para a reurbanización e humanización da rotonda de Conxo.
ALCALDÍA
O alcalde acode a San Xoán e Santa Cristina de Fecha para coñecer a situación dos lumes
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegouse esta mañá ás parroquias afectadas polos incendios forestais para coñecer de primeira man a situación dos lumes.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no LIX Curso Internacional "Música en Compostela"
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros membros da Corporación recibiron en Raxoi os participantes na LIX edición do Curso Universitario Internacional Música en Compostela, que se celebra dende o 31 de xullo e que rematará o vindeiro 13 de agosto. Nesta edición participan 80 alumnos e alumnas procedentes de diferentes puntos de España e de países como Rusia, Bélxica, Romanía, Alemaña, Portugal, Canadá, Estados Unidos, Costa Rica, México, Colombia, Brasil ou China.
MEDIO RURAL
O Concello segue colaborando con todos os seus recursos nos labores de extinción do lume declarado este mércores en Fecha
O concelleiro de Medio Rural, Rafael Peña, informou en rolda de prensa da situación a media mañá deste xoves do incendio declarado onte mércores na parroquia de San Xoán de Fecha, que tamén se estendeu á veciña Santa Cristina de Fecha e á parroquia de Tapia, xa no municipio de Ames. O Concello segue colaborando coa Xunta nos labores de extinción deste lume, que segue activo e que xa queimou en torno ás 500 hectáreas.
FACENDA
Prioridades e necesidades de actuación en Santiago de Compostela orientan as propostas dos Orzamentos Participativos
Xa está a disposición de quen o desexe en na web de Compostela Decide un documento resumo da asemblea de Cidade do pasado 28 de xullo. O documento contén unha diagnose das principais necesidades e prioridades de actuación no municipio compostelán, recollendo as ideas e propostas realizadas polas persoas participantes na asemblea que tivo lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche. A través de dinámicas grupais, a xente participante foi achegando e agrupando por áreas aquilo que consideraron necesario ou prioritario...