SMARTIAGO

El Ayuntamiento pone en marcha un sistema piloto pionero de control de residuos orgánicos a través de contenedores inteligentes, dentro del proyecto Smartiago

21/12/2020

El concejal de Presidencia, Relaciones Institucionales y Turismo, Gumersindo Guinarte, presentó esta mañana el proyecto del sistema inteligente de recogida de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) que se va a desarrollar en la ciudad en el marco del proyecto Smartiago. Lo acompañaron en la presentación por parte de Wellness TechGroup, empresa adjudicataria, su director ejecutivo, David García Ternero, y la delegada de la empresa sevillana en el norte de España, Fernanda Diz Vega.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Inaugurada a exposición "A Rede Visible", que permanecerá na Alameda de Santiago ata o 29 de decembro

19/12/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición fotográfica "A rede visible", organizada pola asociación Les Coruña, coa colaboración da Deputación da Coruña, que permanecerá no Paseo Central da Alameda desde hoxe, día 19, ata o 29 de decembro. Ao acto tamén asistiu o deputado provincial, Xosé Luis Penas, a presidenta de Les Coruña, Sandra López; a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón; a portavoz do grupo municipal do BNG,...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago destinará o vindeiro ano 600.000 euros á instalación dunha cuberta telescópica na piscina do Multiúsos Fontes do Sar

18/12/2020

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ámbalas xuntanzas -que tiveron lugar de xeito semipresencial- estiveron presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tamén participaron, entre outros, os dous vicepresidentes do organismo: a subsecretaria do Ministerio de Facenda, Pilar Paneque, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. De cara ao cumprimento das esixencias...

Ler máis

PLENO

O Pleno acorda designar co nome de Exeria a nova praza entre a avenida de Lugo e os Concheiros

17/12/2020

O Concello de Santiago de Compostela, a través dunha moción conxunta aprobada por unanimidade dos catro grupos con representación no pleno, acordou, na súa sesión ordinaria de decembro, convocar o Consello Asesor de Condecoracións para atender a petición de denominar "Exeria" a nova praza entre a avenida de Lugo e Os Concheiros, ademais de realizar nese emprazamento unha intervención cultural e artística que remarque a figura desta muller e a súa importancia na cultura galega.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O comercio local distribuirá entre a clientela seis mil exemplares do manual "Santiago de Compostela recicla o Nadal", editado pola concellaría de Medio Ambiente

16/12/2020

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; e o xornalista Antonio Perozo, presentaron o manual "Santiago de Compostela recicla o Nadal", unha publicación da que se editaron 6.000 exemplares e que hoxe comeza a distribuirse nuns 250 comercios de proximidade repartidos por todos os barrios da cidade. Unha acción que ten un dobre obxectivo: fomentar os bos usos na reciclaxe e apoiar ao comercio local.

Ler máis
Compartir: