EDUCACIÓN
Os alumnos de primaria do Colexio San Jorge foron os gañadores no Certame de Teatro Intercentros
O Teatro Principal acolleu esta tarde a representación da obra "H" dos alumnos de primaria do Colexio San Jorge, que foron os premiados da XIX edición do Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca na súa categoría. A concelleira de Educación María Castelao, fixo entrega dos diplomas aos centros participantes e de agasallos aos premiados.
XUVENTUDE
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle unha nova actividade de formación laboral da Concellería de Xuventude
A concelleira Rebeca Domínguez asistiu esta tarde no CSC do Ensanche ao inicio do curso de preparación de entrevistas de traballo, unha actividade que organiza o seu departamento e que continúa co calendario de actividades formativas que se presentou para os meses de febreiro e xullo.
COMERCIO
Comprar en Santiago prémiase con 4.000 euros
A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de A Coruña presentaron hoxe unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio", desenvolverase en Santiago de Compostela dende hoxe, 26 de maio e ata o 6 de xuño. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista da vila, sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros. Ao acto asistiu a concelleira Reyes Leis.
TURISMO
Área Santiago promocionarase como destino turístico diferenciado a través das redes sociais
Os 16 concellos de Área Santiago empregarán as redes sociais para transmitir unha imaxe unificada do destino turístico, cunha oferta ampla e diversa. A sintaura da constitución do grupo como entidade xurídica con persoalidade propia terá lugar a mediados de xullo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
APRAZADA A ACTIVIDADE DÍA DO XOGO "FEIRÓN DE XOGOS NA QUINTANA"
Por mor do mal tempo previsto para mañá, sábado 24 de maio, queda aprazada a actividade de "Feiron do Día do Xogo" que se ía desenvolver na praza da Quintana.
XUVENTUDE
O festival Pop-Rock do Estudante "MusicAula" celebra a súa semifinal este sábado na Sala Capitol
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domímguez, presentou en rolda de prensa o concerto da semifinal do certame considerado como o primeiro festival de música Pop-Rock para bandas adolescentes e xuvenís. Será o sábado 24 ás 22.45 h na Sala Capitol.
EDUCACIÓN
O Auditorio de Galicia acolle este domingo o certame de Danza Intercentros 2014
O Departamento de Educación, ao igual que está a organizar dende hai 19 anos o Certame de Teatro Intercentros, quere impulsar e apoiar o traballo que se está a realizar no eido da danza nas idades máis temperás (de 3 a 18 anos), cun Certame que terá lugar na sala Brage do Auditorio de Galicia o 25 de maio de 2014, ás 19:00 horas.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello investiu máis de tres millón de euros para obras no rural nos anos 2013 e 2014
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, e o concelleiro de Medio Rural, departamento incluído na devandita área, Luis Meijide, presentaron os proxectos que se financiarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para o ano 2014, continuando así os investimentos para o rural, que nos anos 2013 e 2014 sumaron máis de tres millóns de euros.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Novas propostas do programa "Vive, Vivencias, Vivamos" para os vindeiros meses de xuño e xullo
Logo da formidable resposta dos cidadáns de Compostela a este programa de encontro e intercambio cultural desenvolvido pola rede de centros socioculturais do Concello, continúa a programación de actividades para os vindeiros meses de xuño e xullo, todas elas de balde.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Realizadas as probas de paso dos autobuses na rúa Coímbra
A concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, presenciou as probas de paso dos autobuses urbanos pola rúa Coímbra. Esta medida obedece ao peche das rúas Basquiños e Pastoriza para a súa remodelación.