DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Verdía conta cunha nova área de xogos infantís no seu campo da festa
A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez visitou a área de xogos infantís que o Concello acaba de abrir no campo da festa de Verdía.
CONSORCIO
O mestre catalán Antoni Ros Marbà dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. Hoxe xoves a orquestra desprazarase a Pontevedra, onde actuará no Teatro Afundación da cidade, ás 20:30 horas. E mañá venres tocará en Santiago, ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia. En ámbalas citas levará a batuta o mestre catalán Antoni Ros Marbà, que foi director titular da RFG durante 14 anos. Na actualidade é profesor e director titular da Cátedra de Orquestra de Cámara Freixenet da Escola Superior de Música...
COMERCIO
O artesán Francisco Porto deseñará a figura conmemorativa dos Premios ao Comercio
Os gañadores dos Premios ao Comercio Compostelán deste ano recibirán unha figura conmemorativa deseñada polo artesán Francisco Porto Paredes. O xurado que elixiu a figura gañadora estivo formado por representantes do Concello e das asociacións comerciais da cidade.
ECONOMÍA
Aberto o prazo de inscrición para participar no programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial
A Concellería de Economía organiza do 23 ao 27 de marzo o programa Urbano Norte de promoción da actividade empresarial. O programa está dirixido a persoas emprendedoras, emprendedores, traballadores, persoas desempregadas e veciños, que terán a oportunidade de asistir a diversos módulos formativos. Todos eles impartiranse nun autobús histórico de 25 prazas. Este programa organízase dentro do Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
CULTURA
"Recreios: músicas emerxentes alén da raia", noite lusa con Paus e Coelho Radioactivo
A banda lisboeta Paus actuará en Santiago de Compostela nun concerto, organizado por Desconcierto Cultural en colaboración co Concello de Santiago, dentro do ciclo Compostela Rock. Será este venres 13, ás 21:00 horas, na Zona C, nun concerto no que, baixo o nome Recreios: músicas emerxentes alén da raia, estarán tamén Coelho Radioactivo.
EDUCACIÓN
Finaliza o prazo de inscrición no Programa de Conciliación para a Semana Santa
Este venres 13 de marzo remata a inscrición no Programa Municipal de Conciliación para a Semana Santa 2015, organizado pola Concellería de Educación. Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa para de conciliación para as familias no tempo de vacacións da Semana Santa.
ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu os xerentes das clínicas oftalmolóxicas de España
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no Pazo de Raxoi os participantes no V Encontro de Xerentes de Clínicas Oftalmolóxicas.
CULTURA
O Concello distribuirá 2.000 exemplares do cómic divulgativo "Vivir no solo" en centros de ensino e bibliotecas de Galicia
A concelleira de Cultura e Patrimonio, María Antón, participou na presentación do cómic divulgativo Vivir no solo, cuxa edición en español veñen de promover a Delegación da Sociedade Española da Ciencia do Solo (SECS) en Galicia e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) con motivo do Ano Internacional dos Solos 2015. Esta publicación, que agora engade novos contidos, fora lanzada no ano 2000 polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago.
SERVIZOS SOCIAIS
Santiago de Compostela súmase á conmemoración do Día Mundial do Ril
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, participou no CHUS nunha mesa informativa convocada pola delegación de Santiago da Asociación para a Loita contra as Enfermidades de Ril (Alcer) con motivo da celebración este xoves, 12 de marzo, do Día Mundial do Ril. Tamén asistiron o xerente do CHUS, Luis Verde; o xefe de Nefroloxía do complexo, Cándido Díaz, e representantes de Alcer.
ALCALDÍA
Agustín Hernández marca como unha cuestión "permanente e ineludible" a busca de formas de mobilidade alternativa
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausurou a xornada A mobilidade sostible chega a Galicia: o vehículo eléctrico está aquí, celebrada no Hostal dos Reis Católicos. Posteriormente, inaugurou a exposición Vehículo Eléctrico + Enerxías Renovables, que estará na praza do Obradoiro ata o domingo 15 de marzo.