EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Seguen as representacións no Principal do XXII Certame de Teatro Intercentros
O Teatro Principal continúa acollendo as representacións dos grupos de Secundaria no XXII Certame de Teatro Intercentros. Este luns foi a vez do IES Pontepedria e dos dous grupos do IES Rosalía de Castro, tras abrir o certame o IES Eduardo Pondal o pasado 2 de maio. Este martes subirán ás táboas do Principal os grupos de teatro do IES Arcebispo Xelmírez I, do IES Antón Fraguas e do CPPI dos Dices de Rois.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Nace a Asociación Musical Praeludium para a promoción da música clásica en Compostela
A Orquestra Praeludium, formada por músicos e músicas noveis de Compostela, ofreceu este sábado un concerto no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). O evento serviu tamén de marco para a creación da Asociación Musical Praeludium, unha entidade sen ánimo de lucro que pretende promover e difundir a música clásica en Santiago.
LINGUA
O IES Xulián Magariños de Negreira, gañador do Club de Debate 2017
O IES Xulián Magariños converteuse este sábado no gañador da edición deste ano do Club de Debate, na final celebrada no Centro Sociocultural de Santa Marta. O alumnado do centro de Negreira conseguiu unha puntuación de 411,50 puntos, por diante dos 403,50 do segundo clasificado, o IES Luís Seoane de Pontevedra; e dos 391,50 que lle deron o terceiro posto ao IES da Pontepedriña. Para esta final tamén lograran clasificarse o IES de Bertamiráns, o CPI Plurilingüe de Vedra, e o IES Leixa de Ferrol. Ao acto de entrega dos...
SENSIBILIZACIÓN
O Pazo de Raxoi tínguese de azul e púrpura pola enfermidade de Huntington
O Pazo de Raxoi tínguese esta noite de azul e púrpura, como mostra de apoio do Concello á campaña internacional de visibilización da enfermidade de Huntington.
XUNTA DE GOBERNO
A empresa concesionaria do transporte urbano substituirá os autobuses máis deteriorados
A Xunta de Goberno autorizou este venres a substitución de sete vehículos adscritos ao servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros. Trátase de autobuses matriculados no ano 1999, e que presentan numerosas deficiencias que viñan suscitando as queixas dos usuarios.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello de Santiago participa na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local
O Concello de Zaragoza acolleu a Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (Redel). A técnica municipal Carme Casado participou nesta xuntanza, na que se aprobaron as incorporacións a Redel do Concello de Medina del Campo e de IMPEFE (Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego de Cidade real). Polo tanto, a rede está formada xa por 17 entidades.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o traballo das Asociacións de Amigos do Camiño
O alcalde, Martiño Noriega, participou este venres na inauguración do Simposio Internacional de Hospitalidade e Xestión Medioambiental no Camiño de Santiago, que se desenvolve hoxe e mañá no Hostal dos Reis Católicos. Este foro serve de peche a un proxecto desenvolvido pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEACCS), no marco do proxecto europeo LifeStars + 20.
DEPORTE
A Festa do Deporte reunirá as entidades deportivas de Santiago nun evento único
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles da I Festa do Deporte, un evento novidoso que quere reunir en torno ao deporte o maior número de asociacións e veciñanza posible.
ACCIÓN CULTURAL
A XII Mostra Internacional de Cine Etnográfico proxectará 16 filmes do 29 de maio ao 3 de xuño
A concelleira María Rozas, presentou esta mañá no Teatro Principal, acompañada da directora do MICE, Ana Estévez; da coordinadora da sección de Etnografía, Xisela Franco; e dun representante de Cineclub Compostela, Iván García, a duodécima edición da Mostra Internacional de Cine Etnográfico.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local impulsa un novo obradoiro de emprego para avanzar no acondicionamento do Sar
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto do Obradoiro de Emprego Ecotur Xuvenil III, que contempla a execución dunha nova fase do acondicionamento das beiras do Sar, no tramo comprendido entre Ponte Suarribas e Ponte da Fervenza. O alcalde explicou que esta actuación "permitirá darlle continuidade ás sendas realizadas no marco das dúas primeiras edición do Ecotur Xuvenil", e insistiu en que a intención do Goberno é "acondicionar todo o tramo dende Sar ata a zona do Banquete de Conxo".