XUNTA DE GOBERNO
A praia fluvial de Chaián contará cun socorrista este verán por primeira vez
A área recreativa de Chaián vai contar este verán, por vez primeira, cun socorrista. O Concello tramitará a súa contratación grazas a unha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de traballadores desempregados. A achega será de 3.200 euros e o socorrista prestará os seus servizos por un prazo de dous meses.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
O Concello agrupa toda a información cultural e turística da cidade na nova publicación "Compostelánea"
As concelleiras de Acción Cultural e de Turismo, Branca Novoneyra e Marta Lois, presentaron no Pazo de Raxoi Compostelánea, nova publicación que informará da ampla oferta cultural e de ocio da cidade. Compostelánea nace co obxectivo de que a veciñanza de Santiago e as persoas que visitan a cidade poidan coñecer toda a actividade que se desenvolve en Compostela durante cada mes, tanto a promovida dende o propio Concello como dende calquera outra entidade.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica un maior respaldo ás empresas innovadoras no ámbito europeo
O alcalde compostelán participou esta mañá na inauguración da xornada "Promover as empresas innovadoras e de rápido crecemento", organizada polo Comité Económico e Social Europeo, en colaboración con RedEmprendia. Martiño Noriega aproveitou a súa intervención para reivindicar "maiores facilidades para os emprendedores xurdidos fundamentalmente en torno aos centros de investigación universitarios, porque as súas empresas poden xogar un papel fundamental no crecemento económico do...
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal interpreta "O lago dos cisnes" na praza das Praterías
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá este xoves a todo o público o seu xa tradicional concerto na praza das Praterías. Será ás 20:00 horas e interpretará O lago dos cisnes, de P. I. Chaikovski.
ALCALDÍA
Chegan ao Obradoiro os integrantes da 1ª peregrinación a Santiago dende a Antártida
O alcalde recibiu esta mañá os integrantes da primeira peregrinación a Santiago dende a Antártida, chegados á praza do Obradoiro máis de catro meses despois de teren comezado a expedición. Foi o 28 de febreiro, coincidindo co peche da Base Antártica Española "Gabriel de Castilla", situada en Illa Decepción.
ACCIÓN CULTURAL
A programación das festas do Apóstolo volve apostar pola diversidade e a descentralización
A concelleira de Acción Cultural presentou hoxe o programa das festas do Apóstolo, que arrancarán o venres 15 de xullo. Serán, tal e como salientou Branca Novoneyra, "as festas máis longas dos últimos anos, e tamén as máis intensas".
DEPORTE
Asinado o convenio entre o Concello e a Federación Galega de Fútbol que permitirá mellorar o estadio de San Lázaro
O alcalde, Martiño Noriega, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron esta mañá no Pazo de Raxoi o convenio de colaboración para mellorar a presenza desa entidade en Compostela. Para iso, a Federación ocupará o Local C do Estadio de San Lázaro, un espazo de 1.500 metros cadrados no que tivera as súas dependencias a Secretaría Xeral de Deporte da Xunta. Farao grazas a unha concesión demanial por parte do Concello, por un prazo de 50 anos.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e Histagra recuperan a memoria da Compostela de 1936
Unha grande exposición na Fundación Granell e un Congreso Internacional que reunirá en Compostela a historiadores de todo o mundo. Son os actos centrais cos que Histagra, en colaboración co Concello, lembrará o 80 aniversario do inicio da Guerra Civil Española.
CONSORCIO
Os concertos da vindeira temporada da Real Filharmonía comezarán ás 20:30 horas por desexo maioritario dos aboados
O Consorcio de Santiago, organismo responsable da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Auditorio de Galicia, sede da orquestra, realizou un estudo para valorar a posibilidade de cambiar os horarios de inicio dos concertos de abono da RFG. Co fin de coñecer as preferencias da maioría, enviouse unha enquisa aos 502 aboados cos que conta a orquestra esta temporada. Da mesma concluíuse que a maioría desexa que os concertos comecen ás 20:30 horas.
ALCALDÍA
O Concello estudará a posibilidade de realizar obradoiros de xornalismo nos colexios impartidos por profesionais desempregados
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco González Sarria, quen acudiu á cita acompañado polo representante da demarcación de Santiago da entidade, Xaime Leiro.