ALCALDÍA
Encontro en Raxoi con representantes da Federación Galega de Fútbol
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deporte, Noa Morales, reuníronse cunha delegación da Federación Galega de Fútbol, encabezada polo seu presidente, Rafael Louzán.
POLÍTICAS SOCIAIS E DEPORTE
Unhas 100 familias compostelás en situación de vulnerabilidade xa acceden de balde ás piscinas de Sar durante este verán
As concelleiras de Políticas Sociais e de Deporte, Concha Fernández e Noa Morales, presentaron o Proxecto de Promoción do Acceso aos Recursos Municipais, co obxectivo de favorecer o acceso a determinadas instalacións ou programas municipais cando a o seu custo sexa un impedimento para determinadas familias e de mellorar a súa calidade de vida. Neste verán e coa colaboración do Multiúsos Fontes do Sar, o proxecto permite xa gozar a unhas 100 familias e a 381 persoas da piscina deste complexo durante os meses de xullo e agosto.
ALCALDÍA
Benvida aos nenos e nenas saharauís acollidos este verán por familias compostelás
O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación, recibiron en Raxoi os oito nenos e nenas saharauís que pasarán este verán en Compostela e as súas familias de acollida.
TURISMO
Turismo promociona a cidade por primeira vez na feira "The Meetings Show" de Londres
O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, participa esta semana en The Meetings Show, feira especializada no sector congresual do mercado británico.
ACCIÓN CULTURAL
Os violinistas Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral viaxan a través de tres séculos de música no Via Stellae
Os violinistas arxentinos Manfredo Kraemer e Guadalupe del Moral ofrecen este xoves un concerto dentro do Festiva Via Stellae baixo o título Tres séculos, dous continentes… en música para dous violíns. Será a partir das 20:30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). A entrada é libre previa retirada de invitacións no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 h) ou dende unha hora antes de que comece o concerto no propio Paraninfo.
CONSORCIO
Unha mostra reúne un centenar de fotografías de Ramón Sánchez Estalote, quen retratou a alma de Compostela durante seis décadas
Baixo o título Ramón Sánchez Estalote: memoria dun tempo, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de imaxes deste fotógrafo compostelán. A mostra repártese entre a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Museo do Pobo Galego.
ACCIÓN CULTURAL
Pesca sen morte, obradoiros para bebés e unha saída ao parque acuático de Cerceda nunha nova semana de Vive o Verán
Continúan as actividades do programa Vive o verán,tanto coas Mañás de verán e de xogo nos centros socioculturais como con outras actividades que están sendo moi ben acollidas polo público.
CONVIVENCIA
A Policía Local achega o seu labor aos máis pequenos nos centros socioculturais
Co obxectivo de promover a educación en materia de seguridade viaria, dende a Concellaría de Convivencia e a través da Policía Local colabora en varias actividades dirixidas ao público infantil que participa nas Mañás de verán e de xogo dos centros socioculturais dentro do programa Vive o verán. Desta vez foron uns 30 nenos de entre 6 e 12 anos do CSC de Vite os que pasaron unha animada mañá coa Policía Local.
CONSORCIO
Dezaseis músicos lograron praza no curso de posgrao de Especialización Orquestral que imparte a Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais, con sede en Santiago de Compostela, imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO), recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional. Naceu hai catro anos como unha experiencia pioneira en toda España.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o presidente da Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo.