URBANISMO
O Consello de Administración de Emuvissa aproba a contratación dunha auditoría
O Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) aprobou a contratación dunha auditoría externa, que será a encargada de analizar e informar sobre o estado de contas da empresa.
FESTAS
Éxito de participación no Día do Neno
Os máis pequenos disfrutaron de todas as actividades programadas para o Día do Neno, dentro da programación das Festas do Apóstolo. Foi unha intensa tarde de xogos, inchables, animación, teatro e karts.
FESTAS
"Loca" e "Amor Amargo": teatro e flamenco na súa máxima pureza nas Festas do Apóstolo
O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, presentou a estrea da obra de teatro Loca, da Compañía de Blanca Marsillach, e do espectáculo de danza Amor Amargo, de Rafael Amargo. Ambos espectáculos forman parte das Festas do Apóstolo 2011.
DEPORTES
Os cativos amosarán a súa destreza coa bicicleta de montaña na Granxa do Xesto
A Granxa do Xesto, no Monte Pedroso, acollerá o sábado 30 a IV Mini Mountain Bike Premio Aquagest. Esta proba, organizada polo Equipo Ciclista Aquagest, en colaboración co Concello de Santiago e a propia empresa Aquagest.
ALCALDÍA
O presidente da Xunta asume compromisos co alcalde en seis ámbitos de investimento
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, mantivo unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Na mesma, repasaron a situación dos investimentos autonómicos en Santiago de Compostela. Tras a reunión, o alcalde cualificouna como "extremadamente positiva".
ALCALDÍA
Conde Roa promoverá a creación dunha asociación de padroneses en Santiago
Como cada ano, as Festas do Apóstolo incluíron unha xornada dedicada a Padrón. Ao igual que sucede co Día de Santiago nas festas da Pascua de Padrón, foi ocasión para renovar os lazos sentimentais, históricos e culturais que unen estas dúas localidades.
EDUCACIÓN
Vacacións en paz para os nenos saharauís
O concelleiros Juan de la Fuente e Luís Bello, recibiron os nenos saharauís que están a pasar este verán con familias de acollida compostelás, dentro do programa Vacacións en Paz.
ALCALDÍA
Cincuenta nenos do Campamento Urbano de Santiago coñecen os beneficios das conservas
O alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa, acompañou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha visita aos obradoiros da campaña Ponlle as pilas ao teu bocata que se desenvolveron no parque de Belvís, en Santiago de Compostela. A iniciativa, impulsada pola Consellería do Mar en colaboración coas Consellerías de Educación e Sanidade e de Anfaco-Cecopesca, pretende fomentar o consumo de conservas de peixe e moluscos entre entre os máis cativos e transmitirlles a importancia das súas achegas nutritivas.
FESTAS
O alcalde anuncia a incorporación do traxe galego a actos institucionais
As Festas do Apóstolo reservan unha data cada ano ao Día do Enxalzamento do Traxe Galego. Nesta XXXIII edición do evento, a indumentaria tradicional galega volveu ser a protagonista nas rúas e prazas da cidade, con desfiles, concursos e exhibicións.
CULTURA
"Cartografías silenciadas", de Ana Teresa Ortega, nova mostra do Auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia inaugura Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, o mércores 27 ás 20:30 horas. Na inauguración participarán o concelleiro de Cultura, Ángel Currás, a propia Ana Teresa Ortega e Chus Martínez Domínguez, comisaria da exposición para Galicia.