COMERCIO
O Concello edita un roteiro para a dinamización do barrio de San Pedro
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou en Raxoi o roteiro A monumentalidade do cotiá, unha guía deseñada para a dinamización comercial, cultural e turística do barrio de San Pedro. A concelleira estivo acompañada pola presidenta da Asociación de Veciños A Xuntanza, Mercedes Vázquez, que colaborou na edición da publicación.
EDUCACIÓN
Os alumnos e alumnas de piano da Escola Municipal de Música realizaron un concerto monográfico sobre a obra de Erik Satie
O alumnado de piano da Escola Municipal de Música realizou un concerto mongráfico sobre a obra musical de Erik Satie no que se interpretaron algunhas das pezas máis coñecidas deste músico francés. O público encheu o recinto, que se está a converter nun espazo de acollida e mostra do traballo de intérpretes novos da cidade.
CULTURA
Chega a Compostela a mostra itinerante "Cinema Europeo en Ruta"
O venres 27 de abril chega a Santiago de Compostela a mostra itinerante Cinema Europeo en Ruta, baixo a lema "O noso cinema dá que falar". O ciclo terá lugar os días 27 e 28 de abril na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Haberá proxeccións de filmes e debate coa cidadanía que versará sobre a sostenibilidade e no que participarán Ana Miranda, Francisco Millán, Antolín Sánchez Presedo e Sarah Lambert. A entrada a todas as sesións será gratuíta ata completar o aforo.
BENESTAR SOCIAL
Charla en Vite sobre recursos e prestacións no eido dos servizos sociais
Celebrouse no Centro Sociocultural José Saramago de Vite a segunda das charlas do ciclo "O profesional responde". Foi impartida polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS e levou como título Recursos e prestacións no eido dos Servizos Sociais.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu en Raxoi ao Nobel de Química Ei-ichi Negishi
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi ao Premio Nobel de Química 2010, Ei-ichi Negishi, quen está en Santiago participando nunha nova edición do Programa ConCiencia.
CULTURA
Provisional Danza presenta "Ni ogros ni princesas" no Teatro Principal
Continúa a programación da Concellería de Cultura do ciclo Teatro & Danza e o sábado 28 chega a cita con Provisional Danza, que presenta Ni ogros ni princesas. Coreografiada e dirixida por Carmen Werner e coa dirección escénica de Daniel Abreu, poderemos vela no Teatro Principal a partir das 21:00 horas.
MEDIO RURAL
Concello e Xunta acometerán labores de prevención do lume nos montes do municipio
O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, anunciou a próxima sinatura dun convenio entre o Concello e a Xunta para a realización de labores de prevención nos montes do municipio. Paralelamente, a Administración autonómica acometerá outros traballos nesta materia. En total, o investimento alcanzará os 65.918 euros.
URBANISMO
Estimada parcialmente a maioría das alegacións ás ordenanzas reguladoras de publicidade e rotulación e de terrazas
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta das modificacións introducidas a raíz das alegacións aceptadas relativas ás novas ordenanzas reguladoras da publicidade e rotulación e das terrazas e quioscos de hostalería. Ambas normas aprobaranse definitivamente na sesión ordinaria do Pleno prevista para esta mesma xornada.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música realiza un novo concerto didáctico e outro de apertura da Feira do Libro da Alameda
Continúa a programación do último trimestre do curso da Escola Municipal de Música. Para o venres 27 está previsto un novo concerto didáctico e un monográfico sobre Satie e, para o domingo 29 de abril, un concerto especial na apertura da Feira do Libro.
PLENO
O Pleno municipal aproba a ampliación de usos no Plan Parcial de Fontiñas e en dúas parcelas de Castro de Abaixo
O Pleno da Corporación aprobou definitivamente e por unanimidade a modificación puntual da ordenanza 3 do Plan Parcial de Fontiñas. O obxecto deste cambio é incorporar o uso asistencial, dando cobertura á escola infantil existente no complexo comercial Área Central.