CONSORCIO
A Real Filharmonía, coa voz da mezzosoprano catalá Marta Infante, ofrece un concerto no Festival de Músicas Contemplativas
A Real Filharmonía de Galicia celebra este mércores, 1 de abril, un concerto no marco do IX Festival de Músicas Contemplativas. Terá lugar na igrexa do compostelán Convento do Carme, ás 21:00 horas, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave.
TURISMO
Compostela Gastronómica abre o prazo de inscrición nos seus obradoiros
Santiago celebra do 16 ao 21 de abril a segunda edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, cun completo programa de actividades para público xeral e profesionais da hostalaría. Os interesados en participar poden facer a súa inscrición a través da web www.compostelagastronomica.es ou ben achegándose á oficina central de Turismo de Santiago situada na rúa do Vilar.
ALCALDÍA
O alcalde participou no percorrido de proba da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, incorporouse na Estación do Ferrocarril ao percorrido de proba da liña de alta velocidade do Eixo Atlántico A Coruña-Santiago-Vigo.
CULTURA
Concerto de Música Ficta no Festival de Músicas Contemplativas
Dentro do Festival de Músicas Contemplativas, que está desenvolvéndose durante a Semana Santa na nosa cidade, este martes teremos o concerto de Música Ficta no Convento de Santa Clara ás 20:30 horas. Presentan o programa Cristóbal de Morales… Requiem dirixidos por Raúl Mallavibarrena. As entradas son de balde, pero hai que retirar invitación antes no despacho de billetes do Teatro Principal que está aberto esta semana de 17:00 a 21:00 horas.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
Iniciadas as obras do interceptor xeral do río Sar entre Pontepedriña e a EDAR da Silvouta
O pasado luns 23 de marzo deron comezo as obras de construción do interceptor xeral do río Sar no tramo que vai dende Pontepedriña ata a EDAR da Silvouta.
TURISMO
TripAdvisor, JustEat, Paradores e Gadisa falarán de marca e reputación on line nas xornadas #ComposGastroBlog
O Hostal dos Reis Católicos acollerá o 9 e 10 de abril #ComposGastroBlog, as primeiras Xornadas de Gastronomía e Comunicación 2.0 que se celebran baixo o paraugas de Compostela Gastronómica, a marca que Turismo de Santiago quere consolidar para a promoción da cidade como destino gastronómico. A inscrición a #ComposGastroBlog pode facerse a través de ecomevents.es.
DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE
O Concello participou en Madrid no I Congreso Cidades Intelixentes
Esta semana, o Concello de Santiago participou en Madrid no I Congreso Cidades Intelixentes, organizado pola Rede Española de Cidades Intelixentes, onde se falou do proxecto de Smart City Smart iAGO co que o Concello participará o próximo mes de abril nos premios "Smart Cities 2015".
ALCALDÍA
O alcalde presidiu a entrega dos premios do concurso "Coñece o teu concello"
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, presidiu no Pazo de Raxoi o acto de entrega de premios do Concurso de Redacción e Debuxo Coñece o teu concello, promovido polo xornal La Voz de Galicia.
ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a figura de San Francisco de Asís como inspiradora dun "impagable labor social" e dun "legado artístico que chega ata os nosos días"
O alcalde de Santiago asistiu ao acto de inauguración no Pazo de Xelmírez da exposición San Francisco e o seu tempo. Esta mostra, aberta ata o 24 de xuño e de entrada gratuíta, permite, segundo Agustín Hernández, "seguir afondando na figura do Santo de Asís, unha figura con valores universais que inspirou e, sen dúbida, continuará a facelo no futuro, non só un impagable labor social, senón tamén un legado artístico que chega ata os nosos días".
XUNTA DE GOBERNO
O Concello porá en marcha un plan piloto para mellorar a xestión de residuos
A Xunta de Goberno aprobou o texto dun convenio a subscribir coa empresa Vodafone España para a realización dunha proba piloto no ámbito da xestión dos residuos municipais. Este acordo, que non supón carga económica para o Concello, ten por obxecto a posta en marcha dunha acción no ámbito da xestión dos residuos, enmarcada no desenvolvemento de servizos intelixentes na cidade para incrementar a eficiencia, a xestión e a habitabilidade no espazo urbano.