ACCIÓN CULTURAL
Dous novos itinerarios pola "Compostela Feminista" e a "Compostela Mural" ofrecen unha ollada diversa ao patrimonio da nosa cidade
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada polo filósofo e historiador Pablo Neira e os xestores do patrimonio Alba Rivas e Jorge Viz, presentou hoxe as versión impresas dos roteiros "Compostela Feminista" e "Compostela Mural", dúas novas propostas para achegarse ao patrimonio artístico da nosa cidade.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música de Santiago colabora coa campaña de recollida de alimentos que arranca o 21 de novembro
A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais colaboran co Banco de Alimentos-Rías Altas na campaña de recollida de alimentos previa ao Nadal.
COMERCIO E FESTAS
O Mercado da Estrela convida a redescubrir o Nadal do 16 ao 18 de decembro
A Feira Creativa de Agasallos celebrarase en San Martiño Pinario e no 2º andar do Centro Obra Social Abanca na praza de Cervantes e levará aparalleda obradoiros e gardería ludoteca para a cativada. A programación completarase coa oferta musical e gastronómica na praza 8 de marzo e na pista cuberta do Centro Don Bosco. A que será a 11ª edición do festival do talento galego, foi presentada esta mañá polo concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, a directora do evento, Mónica Mejías, e a xerente da...
TURISMO
Santiago recibiu máis de 25.000 peregrinos dos Estados Unidos ata outubro
Turismo de Santiago aposta polo mercado norteamericano como un mercado estratéxico para evolucionar o modelo turístico da cidade. Con este fin está participando esta semana nunhas xornadas específicas de promoción organizadas por Turespaña, que se celebran en tres das grandes cidades estadounidenses emisoras de turismo a España: Chicago, Nova Iorque e Dallas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Biblioteca Pública Municipal conmemora os 100 anos do nacemento de José Saramago
O CSC de Santa Marta acolleu ao longo desta tarde unha serie de actividades cos que a Biblioteca Pública Municipal pretende homenaxear ao escritor portugués con motivo do centenario do seu nacemento, o 16 de novembro de 1922. A xornada contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, quen sinalou que "procuramos honrar a memoria" do Premio Nobel, "dándolle continuidade ao seu legado". Recordou que hoxe, "todas as bibliotecas de todos os Centros Socioculturais, compartan o nome de José Saramago" e engadiu,...