COMERCIO
A tenda De Cotío álzase co primeiro premio do Concurso de Escaparates de Nadal
O xurado do concurso de escaparatismo de Nadal, reunido telematicamente o luns 21 de decembro, emitou o seu fallo tras valorar os 15 escaparates finalistas. Tamén comprobou o resultado da votación popular realizada a través da páxina en Facebook de Comercio Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou esta mañá o escaparate gañador do premio do xurado.
ACCIÓN CULTURAL
A obra "Baleiro", de Gabriel Gómez Estévez, gañadora da terceira edición dos Premios SELIC de creación literaria
A obra "Baleiro", de Gabriel Gómez Estévez, é a gañadora da terceira edición dos Premios SELIC de creación literaria, convocados polo Concello de Santiago. Os dous accesits foron para "O novelo", de Óscar Senra Gómez; e para "Partida salvada", de Fernando Epelde García. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, deu a coñecer o nome dos premiados, aos que felicitou; e destacou a singularidade deste galardón, que ten como obxectivo incrementar a presenza de Compostela...
EDUCACIÓN
En marcha o Programa municipal de conciliación de Nadal
Este programa estase realizando no CEIP Cardeal Quiroga Palacios entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello de Santiago de Compostela e a iniciativa Tropaverde lanzan un concurso de envoltorios realizados con materiais reciclados e reutilizables
Segundo a Asociación española de fabricantes de pasta, papel e cartón, agárdase que durante os meses de Nadal se recollan en España 873.000 kilos de papel e cartón. Esta cifra representa un 20% da cantidade total recollida ao longo de todo o ano. Dada a elevada perda de recursos que supón esta xeración de residuos, o Concello de Santiago de Compostela, a través da iniciativa Tropaverde, vén de lanzar un concurso de envoltorios de agasallos realizados con materiais reutilizados, reutilizables e/ou biodegradables.