EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Trinta alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro visitarán Vila Real no programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe dos detalles do programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico, impulsado polo Concello de Santiago e o de Vila Real. A actividade está dirixida a escolares de 5º e 6º de primaria, e nesta primeira edición participarán 30 alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro. Na rolda estivo o director do centro, José Ramón Carril; a profesora que acudirá aos intercambios, Carmen Montero, e dous escolares, Lara e Xián.
ALCALDÍA
O Xardín das Pedras que Falan incorpora cinco novos autores e autoras
O Xardín das Pedras que Falan lembra dende hoxe a cinco novos autores e autoras. Trátase de Marta Pessarodona, Kerstin Hensel, Zéno Bianu, Bernardo Atxaga e Ramón María del Valle-Inclán. As pedras cos seus textos foron descubertas este mediodía, nun acto presidido polo alcalde, Martiño Noriega; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e o autor do proxecto, Suso de Toro.
ALCALDÍA
Santiago acolle este vindeiro sábado a Asemblea de Alcaldes e Alcaldesas das Cidades Patrimonio
A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar en Santiago de Compostela o próximo sábado 23 de marzo.
CONSORCIO
O director polaco Antoni Wit dirixe esta semana a Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia ofrece este xoves, 21 de marzo, o seu concerto semanal de abono na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre polaco Antoni Wit, que xa se puxo á fronte da orquestra en anteriores ocasións.
CONSORCIO
Últimos días para solicitar as axudas destinadas a mellorar o mantemento exterior e a eficiencia enerxética dos inmobles da cidade histórica
O Consorcio de Santiago ten en marcha dúas convocatorias de axudas destinadas á mellora dos edificios da cidade histórica de Santiago. Trátase, por un lado, do programa Ter é manter, co que se busca o mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos inmobles. E, por outro lado, o dirixido de maneira específica á rehabilitación de carpinterías de madeira e reixas de cara a optimizar a eficiencia enerxética das vivendas, co consecuente aforro económico para os cidadáns,...
CONVIVENCIA
Nove infraccións detectadas nos máis de 2.500 controis do uso do cinto e dos SRI realizados a pasada semana
Durante a pasada semana, a Policía Local realizou controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil, no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico. Os/as axentes inspeccionaron 2.578 vehículos, rexistrándose nove infraccións.
ACCIÓN CULTURAL
As entradas para o festival "Alguén que respira!" poden retirase dende mañá martes
Xa está todo listo para a segunda edición do festival Alguén que respira!, organizado pola Concellaría de Acción Cultural, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo. No evento, que se celebrará no Teatro Principal do 21 ao 23 de marzo, daranse cita algunhas das voces máis poderosas da poesía contemporánea do panorama internacional. As entradas para as diferentes actividades do festival son de balde, e poderanse retirar na billeteira do propio Teatro Principal a partir de mañá martes,...