ALCALDÍA
O alcalde recibe os nenos e nenas do Campamento Urbano Don Bosco
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta mañá a 110 nenos e nenas participantes no campamento urbano do Centro Don Bosco que se achegaron ao Pazo de Raxoi cos seus monitores e monitoras e co coordinador do campamento, Xesús Vilas.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa en "Música en Compostela" con dous concertos dedicados á música española
A Real Filharmonía de Galicia participa un ano máis na 61ª edición do Curso Universitario Internacional de Música Española "Música en Compostela" con dous concertos. O primeiro celebrarase este mércores, 8 de agosto, e o segundo o venres día 10. Ambas citas terán lugar no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas, baixo a batuta do director asociado da orquestra, o mestre compostelán Maximino Zumalave.
ALCALDÍA
A Alameda acolle unha exposición sobre o arquitecto Alejandro de la Sota
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu esta mañá á inauguración da exposición Alejandro de la Sota 1913-1996, deseñada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en homenaxe ao arquitecto ao que neste ano 2018 se lle dedica o Día das Artes Galegas. A mostra estará ata o vindeiro día 19 na Alameda.
ALCALDÍA
O Concello condena o acto vandálico sufrido por unha estatua do século XII da Catedral compostelá
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegouse esta mañá á fachada da Catedral da praza de Praterías para comprobar o estado dunha estatua do século XII que, durante a pasada noite, sufriu un acto vandálico. O rexedor acudiu co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; co deán, Segundo Pérez, e co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo.