XUNTA DE GOBERNO
O Concello porá en marcha un centro tecnolóxico para fomentar a creación de emprego de calidade
A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir ao Ministerio de Facenda a ficha da operación para posta en marcha dun Centro de Excelencia Tecnolóxica de Emprego e Crecemento, de cara á súa inclusión no programa ReVive-Edusi Santiago. O proxecto ten un orzamento de 320.000 euros, dos que 256.000 procederían de fondos europeos FEDER e os 64.000 euros restantes serían achegados polo Concello.
MOCIDADE
A Concellaría de Mocidade pon en marcha o proxecto "Corta coas Desigualdades"
A Concellaría de Mocidade vén de poñer en marcha o proxecto Corta coas desigualdades, que vai desenvolver en colaboración cos institutos de ensino secundario de Santiago para fomentar a reflexión do alumnado sobre as desigualdades de xénero e fomentar os comportamentos de igualdade, respecto e colaboración entre rapaces e rapazas. A actividade foi unha das seleccionadas no proceso de Orzamentos Participativos Compostela Decide.
MOBILIDADE
Tussa inicia a xestión directa da ORA e do guindastre nunha xornada con incidencias menores
A primeira xornada da xestión directa dos servizos da ORA e o guindastre por parte de Tussa está a transcorrer con normalidade, e unicamente se rexistraron incidencias menores nas primeiras horas do día. O proceso de transición entre a anterior empresa concesionaria, Setex, e a empresa municipal finalizou en torno ás 6:30 horas, e ao longo da mañá fóronse resolvendo os problemas detectados en determinados parquímetros da cidade.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno destina case 600.000 euros a bolsas de comedor, material e actividades extraescolares para o próximo curso
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o próximo curso. O Concello destina a estas axudas un total de 585.900 euros, a cifra máis alta da historia da convocatoria. Ás axudas poden optar o alumnado dos centros públicos e concertados do segundo ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria.
CENTROS CÍVICOS
Volven os "Circuítos saudables" no mes de xullo
O programa Vive o Verán volve incluír neste mes de xullo unha das actividades de máis éxito, os "Circuítos saudables". Unha nova oportunidade para percorrer a pé algunhas zonas da cidade, con dificultades sinxela ou media, segundo os tramos.
IGUALDADE
Carlos Blanco súmase ao cartel da celebración en Compostela do Orgullo 2018
O actor Carlos Blanco é a última incorporación ao cartel do programa co que o Concello de Santiago vai celebrar o Orgullo 2018, os días 22 e 23 de xuño. O evento, no que colaboran os colectivos LGTBI, combinará a reivindicación e a celebración cos actos máis lúdicos e festivos.
TURISMO
Marta Lois participou na Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño
A concelleira de Turismo, Marta Lois, participou esta mañá na localidade burgalesa de Castrojeriz na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), por delegación do alcalde, Martiño Noriega, de permiso por paternidade.