ALCALDÍA
O alcalde recibiu os empregados e empregadas municipais no día de Santa Rita, a súa patroa
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, recibiu no salón vermello os empregados e empregadas municipais, con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita de Casia.
OBRAS E FACENDA
Rematada a pasarela cuberta de Lamas de Abade, vinculada aos Orzamentos Participativos
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, visitaron esta mañá dúas das actuacións executadas con cargo aos Orzamentos Participativos Compostela Decide correspondentes a 2017. Os edís achegáronse a Lamas de Abade, onde se construíu unha pasarela cuberta para comunicar o CEIP co CIFP Compostela; e á parroquia de Marrozos, onde se ampliou o campo da festa.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Conclúen as representacións da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu este martes no Teatro Principal á última sesión da XXIII edición do Certame de Teatro Intercentros, que se veu celebrando durante este mes de maio.