CONVIVENCIA
A Policía Local realizou 4.755 controis do uso do cinto de seguridade e dos SRI durante a pasada semana, co resultado de 40 infraccións
Do 14 ao 18 de maio, a Policía Local realizou controis do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil (SRI), no marco dunha nova campaña de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). En total, efectuáronse 4.755 vehículos, cun resultado de 40 infraccións.
MOCIDADE
O programa "Hortalíza-Te" formará a quince mozos e mozas no coidado de hortas urbanas e o autoconsumo de produtos de tempada
O Centro Xove da Almáciga acolle, a partir de hoxe, un programa de atención e coidado de hortas urbanas dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos. Trátase dunha acción xurdida ao abeiro dos Orzamentos Participativos de Mocidade do 2018 e que acadou preto de 175 puntos.
TURISMO
A praza de Mazarelos acollerá a terceira edición do festival de San Xoán
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron as liñas mestras da terceira edición do programa festivo de Turismo de Santiago para potenciar o atractivo turístico da noite de San Xoán na cidade, que se celebrará a fin de semana do 22 ao 24 de xuño na praza de Mazarelos.
EDUCACIÓN
A licitación do servizo de docencia e organización da Escola Municipal de Música queda deserta
A Xunta de Goberno acordou hoxe, nunha sesión extraordinaria, deixar deserta a adxudicación do Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización da Escola Municipal de Música. O Executivo asume así a proposta da mesa de contratación celebrada esta mesma mañá, nunha decisión da que xa foron informados os traballadores e traballadoras do centro.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a realización dos fogos do Apóstolo por valor de 217.800 euros
O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso o deseño, produción, montaxe realización dos espectáculos nocturnos das festas do Apóstolo 2018, que terán lugar o 24 de xullo na praza do Obradoiro e no seu contorno e o 31 no Campus Sur (Alameda). A licitación, por un valor global de 217.800 euros, inclúe ademais o deseño de folletos informativos co guión e a explicación do espectáculo. O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 30 de maio.