DEPORTE
A piscina de Santa Isabel acolle o Campionato Galego de Natación con case 350 nadadores e nadadoras
27/12/2018
Ler máis
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá os detalles do Campionato Galego de Inverno de Natación, que acollerá a piscina de Santa Isabel os días 28, 29 e 30 de decembro. Na rolda estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, e polo presidente do Club de Natación Cidade de Santiago, José Rioseco.
DEPORTE
Arredor de 50 nenos e nenas de entre 4 e 18 anos participan no VIII Campus Vero Boquete
27/12/2018
Ler máis
A concelleira de Deporte, Noa Morales, visitou este xoves a oitava edición do Campus Vero Boquete, que dirixe a futbolista compostelá dende onte e ata o día de mañá nas instalacións de Santa Isabel, Don Bosco e campo do Sergas.
CENTROS CÍVICOS
Ábrese a preinscrición en novas actividades e nos grupos con vacantes dos centros cívicos
27/12/2018
Ler máis
Os centros cívicos reiniciarán na semana do 7 de xaneiro as súas habituais actividades con límite de prazas e de carácter continuado.