ACCIÓN CULTURAL
"EMPA#01", primeiro disco da Escola de Música Popular e Avanzada de aCentral Folque
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá en rolda de prensa o disco EMPA#01, resultado de dous anos de traballo nas aulas do Curso Maxistral da Escola de Música Popular Avanzada de aCentral Folque. Fíxoo acompañada de Alejandro Vargas e Alba María, ambos mestres da EMPA, alén de participantes no proxecto.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ábrese o prazo de inscrición para o Programa de Conciliación de Nadal
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, anunciou que este venres, 24 de novembro, ábrese o período de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación do Nadal 2017-2018. O prazo remata o 11 de decembro. Ofrécese un total de 100 prazas, que serán outorgadas por orde de inscrición. As actividades realizaranse novamente no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP As Fontiñas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Presentado o Premio Dereitos Humanos Cineuropa
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou o Premio Dereitos Humanos Cineuropa 2017. Será outorgado polo xurado novo do festival e recoñecerá aquel filme que recolla na súa metraxe os valores para a defensa dos dereitos humanos, cívicos e democráticos. Esta é unha contribución do Departamento de Educación e Cidadanía a Cineuropa e ás súas sucesivas edicións.
IGUALDADE
Máis de 700 establecementos e entidades berran contra as violencias machistas tinguíndose de negro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou esta mañá algúns dos establecementos adheridos este ano á campaña En negro contra as violencias, impulsada en 2015 polo Concello de Santiago e á que se sumaron xa 75 concellos e 3 deputacións. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e polos voceiros dos grupos municipais.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Escenas do Cambio programa 13 espectáculos procedentes de 5 países
O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresará de novo en febreiro de 2018 –entre os días 1 e 10– con 13 espectáculos de compañías procedentes de cinco países (España, Portugal, Marrocos, Siria, Francia e Italia), nunha cuarta edición na que o teatro galego continuará a ter unha presenza destacada con Estela Lloves, Félix Fernández, IlMaquinario e, de novo, Voadora, que presentará neste certame a estrea en España de Garage.
ACCIÓN CULTURAL
O novo de Laurent Cantet e o maratón protagonizan o último venres de Cineuropa
Ás 20:00 horas deste venres poderemos asistir á estrea nas nosas pantallas do último filme do director francés Laurent Cantet, autor de A clase, Recursos humanos, Time out ou Foxfire, todas elas proxectadas en anteriores edicións do festival Cineuropa.
CONSORCIO
Un libro lembra a figura do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos grandes representantes da primeira xeración de galeguistas
O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853), centrado na figura e na obra do escritor e xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera, un dos principais representantes do Provincialismo. Este xoves, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega, presentou a publicación na Fundación Torrente Ballester. Ao acto asistiron a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo...