CONSORCIO
O prestixioso pianista escocés Steven Osborne toca esta semana coa Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves 23 na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. E o venres, a orquestra desprazarase á Coruña, onde tocará no Palacio da Ópera, tamén ás 20:30 horas. A batuta de ambos concertos levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre británico Paul Daniel.
POLÍTICAS SOCIAIS E EDUCACIÓN
O Concello celebrou un pleno infantil con motivo do Día Mundial da Infancia
O salón de plenos municipal acolleu este luns un pleno infantil para celebrar o Día Mundial da Infancia, co que se conmemora a aprobación pola Asemblea Xeral da ONU da Declaración dos Dereitos do Neno o 20 de novembro de 1959. O alcalde, Martiño Noriega, presidiu a sesión e lembrou que o artigo 12 desa Declaración afirma "a necesidade de dar aos nenos e nenas a oportunidade de seren escoitados e escoitadas a través dun órgano".
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A terceira edición da Maker Faire Galicia celébrase esta vindeira fin de semana na Cidade da Cultura
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a terceira edición da Maker Faire Galicia, acompañada da organizadora do evento, Matilde Rodríguez. A Maker Faire Galicia, escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas, celebrarase do 24 ao 26 de novembro na Cidade da Cultura.
ACCIÓN CULTURAL
"Pororoca", de Constantin Popescu, estrea en Cineuropa
Será o Teatro Principal de Santiago de Compostela o lugar escollido para a estrea galega de Pororoca, o novo filme de Constantin Popescu, programado para este martes ás 19:45 horas. Segundo José Luis Losa, director de Cineuropa, esta película "marca territorio dende a planificación desa soberbia secuencia de arranque, nun parque: seguimos a un pai e á súa filla. Asistimos a esa perda en diferido nun estado de tensión máxima porque Popescu sabe como xerar inquietude, incerteza, como prepararanos para a.../em>