ACCIÓN CULTURAL
O crítico cinematográfico Jonathan Rosenbaum visitará Galicia por primeira vez da man do festival Curtocircuíto
O lendario crítico de cinema Jonathan Rosenbaum, será un dos principais convidados da 13ª edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine, que terá lugar en Santiago de Compostela entre os días 3 e 9 de outubro de 2016.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta polas Festas de San Xoán como atractivo turístico
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou un novo programa municipal para potenciar o atractivo turístico das Festas de San Xoán en Santiago. Estivo acompañada pola presidenta da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos, que colabora no proxecto, e pola xerente en funcións de Turismo de Santiago, Yolanda Ferro.
ESPAZOS CIDADÁNS E ACCIÓN CULTURAL
Reabre a Casa da Xuventude convertida nun espazo autoxestionado pola cidadanía
Os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, deron conta esta mañá da nova etapa que afronta a Casa da Xuventude, e na que colaboran os dous departamentos municipais. O inmoble, rebautizado provisionalmente como Matadoiro de Compostela, converterase nun espazo autoxestionado para ser usado por asociacións de todo tipo, seguindo a fórmula de La Tabacalera de Madrid.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago celebrará o Día Europeo da Música da man dos Premios Martín Códax da Música
Este ano, o Concello de Santiago reedita a súa alianza cos Premios Martín Códax da Música para celebrar a gran cita musical europea cos mellores proxectos musicais do ano. O martes 21 de xuño, en Compostela encheranse as rúas de música. Música para cantar, para bailar, para escoitar e para dar que falar.
CONVIVENCIA
A Policía Local rexistrou 20 positivos nos controis de alcoholemia da última semana
A Policía Local de Compostela colaborou na pasada semana na campaña de control da taxa de alcoholemia e drogas impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico. Ao seu abeiro, realizáronse 1.046 probas, das que 20 foron positivas (o 1,91%) e 1.026 negativas. Das probas positivas, 16 traduciranse nunha denuncia administrativa.
EMPREGO
Finalizou o Foro da Innovación no Emprego
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, clausurou o Foro da Innovación no Emprego 2016, organizado pola Axencia Local de Colocación (Servizo de Emprego do Concello de Santiago de Compostela).
PLENO
O Pleno da Corporación aproba a ordenanza Compostela +, que inclúe a Renda Municipal de Garantía Básica cidadá
O Pleno da Corporación aprobou inicialmente, cos votos a favor de Compostela Aberta, PSOE e BNG e a abstención do PP, a nova ordenanza Compostela +, impulsada polo Goberno local e aprobada en Xunta de Goberno o pasado venres 3 de xuño.