EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Cheo no Auditorio para presenciar a XI edición do certame "Compostela en Danza"
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acolleu este domingo a XI edición do certame intercentros Compostela en danza, unha experiencia de dinamización cultural que achega o mundo da danza aos escolares de entre 3 e 18 anos. Nesta edición participaron 207 bailaríns e bailarinas, que deleitaron ao público que encheu o recinto.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machistas, que deixou onte unha vítima en Mallorca.
MEDIO AMBIENTE
Actividades para toda a veciñanza no Día Mundial do Medio Ambiente
O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente e o Concello de Santiago ten preparado un amplo programa de actividades para conmemoralo. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe as accións previstas, que se desenvolverán en colaboración con Viaqua, Ecovidrio, Ferrovial, o Centro de Interpretación Ambiental de Belvís e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago.
ALCALDÍA
Santiago acollerá o VI Encontro Ibérico de Matemáticas do 6 ao 8 de outubro
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a decana da Facultade de Matemáticas, Victoria Otero Espinar.
CONSORCIO
A gaiteira Cristina Pato pecha a temporada da Real Filharmonía de Galicia coa estrea de "Viúvas de vivos e mortos"
A Real Filharmonía de Galicia pon esta semana o broche final á súa tempada de abono con tres concertos. O primeiro será o xoves no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. O venres, a orquestra desprazarase a Vigo, onde actuará no Teatro Afundación ás 20:30 horas. E o sábado tocará ao aire libre no compostelán Parque Eugenio Granell, ás 12:30 horas, para o público máis novo e para as familias, dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!. Neste último concerto, as...
EMPREGO
A Mesa polo Emprego analiza os obxectivos para o Foro da Innovación no Emprego
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu esta mañá unha nova xuntanza da Mesa polo Emprego para dar conta do desenvolvemento do FIE 2016 (Foro da Innovación no Emprego), que terá lugar os días 15 e 16 de xuño no Palacio de Congresos.