POLÍTICAS SOCIAIS
Integrantes do Programa de Envellecemento Activo representan este domingo "Don Juan", da man de Voadora, no Teatro Principal
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá en rolda de prensa a obra de teatro Don Juan, que o grupo Voadora Teatro representará o domingo 14 de febreiro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.
MEDIO RURAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL
O Goberno local destinará á zona rural todos os fondos provinciais do POS 2016
O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta hoxe dos proxectos que o Concello presentou na Deputación da Coruña, para seren financiados con cargo ao Plan de Obras e Servizos 2016. Rafael Peña salientou que todos os fondos do POS irán destinados ás parroquias "para paliar problemas estruturais aos que non se lle estaba dando unha solución desde hai anos". En concreto, a achega provincial permitirá arranxar viarios de 17 das 28 parroquias de Compostela.
POLÍTICAS SOCIAIS
Reunión da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos da que sairá un protocolo de actuación "transparente, claro e garantista"
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presidiu a primeira xuntanza da Mesa de Traballo de Desafiuzamentos, da que sairá un protocolo de actuación para actuar neste tipo de casos. Na primeira convocatoria participaron os colexios profesionais de Traballo Social, Avogacía e Psicoloxía, os concelleiros de Políticas Sociais dos concellos de Ames, Teo e Santiago e o colectivo Stop Desafiuzamentos. Tamén estaban convidados a Secretaría Xudicial e a Xudicatura, mais escusaron a súa ausencia nesta primeira mesa.
DEPORTE
Noa Morales participou na despedida de Santiago da Copa do Rei de baloncesto
A concelleira de Deporte, Noa Morales, asistiu ao acto de despedida da Copa do Rei, que estivo exposta dende o martes en Tiro Libre SCQ, tenda oficial do Rio Natura Monbus Obradoiro.
POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
Concha Fernández pídelle ao xerente do CHUS que a Unidade de Saúde Mental se implique no plan de atención aos sen teito
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, mantivo esta mañá unha xuntanza na súa Concellaría co xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Luis Verde.
ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Santiago de Compostela acollerá a I Gala do Libro Galego o próximo mes de maio
O alcalde e a concelleira e Acción Cultural recibiron hoxe no Pazo de Raxoi aos responsables da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da Asociación Galega de Editores e da Federación de Librarías de Galicia. Os tres colectivos querían darlle a coñecer a Martiño Noriega e a Branca Novoneyra os detalles da Gala do Libro Galego, que terá lugar en Compostela o 14 de maio. O evento realizarase no Teatro Principal e será de acceso libre e gratuíto, ata completar aforo.
ALCALDÍA
O alcalde analiza co Foro Cívico o estado das infraestruturas pendentes en Compostela
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu unha xuntanza no Pazo de Raxoi cos membros do Foro Cívico Empresarial de Santiago, na que tamén participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte. A reunión tiña como obxectivo darlle conta á plataforma do estado de tramitación dalgunhas infraestruturas vitais para Compostela.