EDUCACIÓN
A obra de secundaria gañadora do XX Certame de Teatro Intercentros representouse no Principal
O Teatro Principal acolleu a representación teatral dos alumnos de secundaria gañadora da vixésima edición do Certame de Teatro Intercentros, promovido pola Concellería de Educación en colaboración coa Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística. A obra triunfadora foi O incidente, do grupo Vai no Dentista, integrado por alumnos e alumnas do IES Xelmírez I.
CULTURA
Estrea absoluta de "Aire no Ar" no Teatro Principal dentro do ciclo Danza 2015
María Move e Álvaro Reboredo son os protagonistas de AIREnoAR que se estrea este mércores 20 no Teatro Principal ás 20:30 horas, ofrecendo unha nova función á mesma hora o xoves 21. Coreografiada e dirixida por Rut Balbís, está dentro do ciclo Danza 2015. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas, así como en entradas.abanca.com ou no 902 434 443. Teñen un prezo de 8 euros e pode aplicárselle o.../em>
CONSORCIO
Alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecen este mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
CONSORCIO
O músico Pascual Martínez-Forteza, clarinete da Orquestra Filharmónica de Nova York, toca esta semana coa Real Filharmonía
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O xoves 21, a orquestra tocará en Santiago, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o venres 22 desprazarase a Lugo, onde actuará no Círculo das Artes ás 20:30 horas. En ambas citas levará a batuta o mestre madrileño Carlos Domínguez-Nieto. Foi director titular da Ópera de Cámara de Múnich e, desde 2009, é director titular do Teatro da Ópera de Eisenach, en Alemaña. Dende a súa fundación en 1997, é...