ALCALDÍA
Agustín Hernández recibiu os membros da Fundación Inade e os galardoados nos Premios Galicia Segura
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu en Raxoi os integrantes do Padroado da Fundación Inade (Instituto Atlántico do Seguro), con motivo do Día Mundial do Seguro (14 de maio). Tamén participaron no acto o xurado e os galardoados nunha nova edición dos Premios Galicia Segura, que destacan os valores profesionais de organizacións, institucións, empresas ou profesionais pola súa dedicación ao risco e ao seguro a nivel nacional e internacional.
SERVIZOS SOCIAIS
Entrega de diplomas aos participantes nos obradoiros do programa socioeducativo
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asistiu esta mañá á entrega de diplomas dos obradoiros de 2014 para familias incluídos no Programa Socioeducativo, promovido pola Concellería de Servizos Sociais. O acto realizouse na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños.
DEPORTES
A Volta Ciclista da Ascensión alcanza este xoves a súa XVII edición
A Volta Ciclista da Ascensión chega xa á súa edición número XVII maña xoves 14 de maio. A proba discorrerá unha vez máis polo entorno de Santiago e terá saída (16:30 horas) e chegada na avenida de Xoán Carlos I. O calendario ciclista das Festas completarase o sábado 16, tamén ás 16:30 horas, coa celebración da Carreira ciclista de escolas-cadetes e féminas "Trofeo Concello de Santiago".
DEPORTES
O Concello anima a todos os composteláns a ver este xoves a final feminina da Liga de Campións na Cidade da Cultura
Todos os que desexen vivir en directo a final feminina da Uefa Women’s Champions League, que enfronta ao FFC Frankfurt e o Paris Saint-Germain mañá xoves, a partir das 18:00 horas, poderán na sala Eisenman da Cidade da Cultura, onde se instalará unha pantalla xigante.
FESTAS
A Feira Cabalar, Auryn e a orquestra París, pratos fortes do día grande da Ascensión
Un ano máis, o día grande das Festas da Ascensión acolle a celebración da tradicional Feira Cabalar no Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio), que este ano está cargada de novidades. O evento está promovido pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego coa colaboración do Concello de Santiago.
TURISMO
O aeroporto de Santiago suma xa trece meses seguidos de crecemento
O aeroporto de Santiago sumou en abril o seu décimo terceiro mes consecutivo de crecemento. En abril o aeroporto de Santiago moveu 196.481 pasaxeiros, cun crecemento do 2,5% respecto do mesmo mes do ano pasado. O conxunto dos aeroportos galegos tivo no pasado mes 332.598 pasaxeiros, cunha cota de mercado do 59,07% para o aeroporto de Santiago, que consolida así a súa posición como aeroporto central e de referencia de Galicia.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso a restauración das reixas das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara
O Consorcio de Santiago licita a intervención no enreixado das ventás da fachada principal do convento de Santa Clara. A obra, cun prazo de execución estimado de tres meses, sae a concurso público por un importe de 49.917,04 euros. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o día 8 de xuño.
CONSORCIO
O 25 de maio remata a inscrición no curso de posgrao de especialización orquestral
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
CULTURA
O parisiense Alexandre Tharaud clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage
O pianista parisiense Alexandre Tharaud, ao que teremos por vez primeira en Santiago, clausura o VII Ciclo de Piano Ángel Brage. Será este xoves 14 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, nun concerto enmarcado tamén dentro do Programa de Abono do Auditorio. As entradas para Tharaud teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou o propio día do concerto no Auditorio de Galicia dende as 18:00 horas.