ALCALDÍA
Agustín Hernández destaca a figura de San Francisco de Asís como inspiradora dun "impagable labor social" e dun "legado artístico que chega ata os nosos días"
O alcalde de Santiago asistiu ao acto de inauguración no Pazo de Xelmírez da exposición San Francisco e o seu tempo. Esta mostra, aberta ata o 24 de xuño e de entrada gratuíta, permite, segundo Agustín Hernández, "seguir afondando na figura do Santo de Asís, unha figura con valores universais que inspirou e, sen dúbida, continuará a facelo no futuro, non só un impagable labor social, senón tamén un legado artístico que chega ata os nosos días".
XUNTA DE GOBERNO
O Concello porá en marcha un plan piloto para mellorar a xestión de residuos
A Xunta de Goberno aprobou o texto dun convenio a subscribir coa empresa Vodafone España para a realización dunha proba piloto no ámbito da xestión dos residuos municipais. Este acordo, que non supón carga económica para o Concello, ten por obxecto a posta en marcha dunha acción no ámbito da xestión dos residuos, enmarcada no desenvolvemento de servizos intelixentes na cidade para incrementar a eficiencia, a xestión e a habitabilidade no espazo urbano.
XUNTA DE GOBERNO
O alcalde anuncia a renovación da flota do servizo de transporte urbano con 11 novos autobuses neste ano 2015
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández anunciou que o Concello renovará a flota de autobuses do servizo de transporte urbano en 2015. Así, o Goberno local acordou poñer en coñecemento da UTE concesionaria do transporte urbano (TRAPSA-AULUSA) a necesidade de iniciar de inmediato o procedemento de licitación de 11 novos autobuses para incorporar neste ano, nos que se investirán 3.603.380 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases para a adxudicación de novas licenzas para venda ambulante no Mercado de Salgueiriños
A Xunta de Goberno aprobou as bases para a adxudicación de licenzas de venda ambulante no Mercado de Salgueiriños, que afectan a 65 postos actualmente libres nesa superficie.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local destina 1,8 millóns de euros á prestación do Servizo de Axuda no Fogar
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou o Servizo de Axuda no Fogar á empresa Valoriza Dependencia, por un importe de 15,22 euros/hora de atención. Para esta finalidade, o Concello reserva nos seus orzamentos un total de 1.801.883 euros, distribuídos entre os anos 2015 (685.831 €), 2016 (914.441 €) e 2017 (228.611 €).
CULTURA
Catro concertos na primeira fin de semana do Festival de Músicas Contemplativas
O Festival de Músicas Contemplativas ofrece catro concertos esta fin de semana e un máis na xornada do luns. Será co Meshk Ensemble e Lucentum XVI o sábado; a Banda Municipal de Música e a Capela Antiga do Orfeón Terra a Nosa o domingo e, xa na xornada do luns, estarán Resonet e a Escolanía da Catedral de Santiago. As entradas para todos os concertos son de balde previa retirada no despacho de billetes do Teatro Principal, que abre de 17:00 a 21:00 horas.
CONSORCIO
O Consorcio intervén na cuberta e na fachada principal da igrexa de San Paio de Sabugueira
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de San Paio de Sabugueira, situada na Lavacolla. Os traballos, cuxo orzamento global ascende aos 18.554,44 euros, centraranse na cuberta e na fachada principal do templo e está previsto que rematen no prazo de dous meses.
EDUCACIÓN
A Concellería de Educación presenta "Comigo, contas. Debuxa comigo! Postais para a esperanza"
A concelleira de Educación, Maite Cancelo, presentou no colexio Monte dos Postes a iniciativa Comigo, contas. Debuxa Comigo! Postais para a esperanza. Trátase dun proxecto, promovido polo seu Departamento en colaboración coa Asociación Cultural Confraría de Estudantes de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que pretende concienciar aos máis pequenos dos problemas reais que moitas persoas padecen na actualidade e amosarlles cómo "Podemos facer moito con moi pouco", como...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese a inscrición na excursión a Portugal prevista para o domingo 19 de abril
A Concellería de Cultura continúa desenvolvendo o programa Imos de excursión 2015, que oferta viaxes e saídas promovidas desde os centros socioculturais. Nesta ocasión, organiza unha excursión dun día ao Portugal da Limia, que terá lugar o domingo 19 de abril.
XUVENTUDE
Compostela volve este sábado á Idade Media co xogo de rol Fillos do Trono
Este sábado, a cidade de Santiago de Compostela volverá á Idade Media por unhas horas grazas ao xogo de rol Fillos do Trono, organizado pola Concellería de Xuventude e a UMAD.