EMPREGO
Emprego porá en marcha un plan de formación no ámbito de comercio exterior en colaboración coa Cámara de Comercio
A concelleira de Emprego, Paula Prado, informou da vindeira posta en marcha dun plan de formación, en colaboración coa Cámara de Comercio, que ten como obxectivo dotar aos participantes das ferramentas teóricas adecuadas para que poidan levar a cabo accións de internacionalización de produtos, así como de manexo de novas tecnoloxías e TICs. Os cursos, que contarán cun investimento de 14.880 euros, terán lugar dende o 27 e 28 de setembro e estenderanse ao longo do último trimestre do ano.
ALCALDÍA
Resolto o problema da canalización de auga na rúa dos Caraveis (Vidán)
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Barrios, Juan de La Fuente, visitaron a rúa dos Caraveis, en Vidán, acompañados de veciños da zona. Puideron así comprobar de primeira man o problema da canalización de auga que provocaba que a auga saíra quente polas billas dalgunhas casas do lugar.
FESTAS
Tom Jones fixo vibrar ao público da Quintana cos seus clásicos e a súa entrega
Tom Jones respondeu á expectación creada polo seu concerto e non defraudou ao público que encheu a praza da Quintana malia a choiva. O artista galés agasallou aos asistentes cun concerto no que demostrou estar en plena forma e recuperado totalmente da afección respiratoria que lle impedira cantar durante as Festas do Apóstolo.