FACENDA
O Ministerio de Facenda dá o visto bo ao Plan de Axuste do Concello
A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, comunicou en rolda de prensa que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas deu o visto bo ao Plan de Axuste presentado no seu día polo Concello de Santiago para afrontar o pago a provedores. Se ben o prazo destes para acollerse a este sistema de pago remata o 8 de maio, a día de hoxe, as certificacións individuais presentadas xa alcanzan os 11, 5 millóns de euros.
BENESTAR SOCIAL
A UMAD promove tres novas accións do Plan de Prevención de Drogodependencias dirixidas a mozos, pais e Policía Local
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou tres novas actividades do Plan de Prevención Municipal de Drogodependencias 2011-2012, que levará a cabo a Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Trátase de tres propostas dirixidas, respectivamente, á Policía Local, aos mozos e aos pais.
TURISMO
Santiago únese á promoción da Festa do Melindre da Terra de Melide
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu na Praza de Abastos á presentación da XXI edición da Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide. O Concello únese así á promoción desta celebración nunha vila que é punto de paso do Camiño de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
Celebrado o primeiro dos obradoiros do programa "ACTÍVA-T"
Quince alumnas e alumnos participaron no primeiro dos obradoiros do Programa ACTÍVA-T, organizados polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS en colaboración co Centro Juan XXIII. Este primeiro taller estivo dedicado á "Elaboración e degustación de pinchos saudables".
ALCALDÍA
Concello e Arcebispado colaborarán para que a Catedral de Santiago chegue ao ano Santo 2021 "en todo o seu esplendor"
Ángel Currás segue coa súa rolda de reunións institucionais con diversas autoridades políticas, eclesiásticas e académicas con motivo da súa recente toma de posesión como alcalde. Nesta ocasión mantivo un encontro co arcebispo de Santiago, Julián Barrio.