URBANISMO
María Pardo agradece a confianza da Xunta no urbanismo de Santiago en prol da axilización de licenzas no perímetro azul
Constituíuse en Raxoi a Comisión Mixta do Perímetro Azul, en virtude da cal se concretou a delegación de competencias na concesión de licenzas no devandito ámbito a favor do Concello de Santiago. Esta cesión permitirá axilizar concesión de competencias en torno a dous meses.
EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Verán de Inglés
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, anunciou a apertura do prazo de inscrición na Escola de Verán de Inglés, que se desenvolverá do 2 ao 31 de xullo no IES Rosalía de Castro. O programa foi aprobado na Xunta de Goberno, cun orzamento de 38.000 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata o 8 de xuño.
MOBILIDADE
O Concello de Santiago estuda a implantación da figura dos auxiliares de tráfico e de pasos peonís máis seguros
O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, participou no Parlamento galego na Comisión non permanente de estudo da seguridade viaria en Galicia. Na mesma deu conta das medidas que se están tomando en Santiago nesta materia.
XUNTA DE GOBERNO
As solicitudes de cacharelas para a noite de San Xoán poden entregarse ata o 15 de xuño
A Xunta de Goberno aprobou as normas de seguridade e de xestión de permisos para as cacharelas en espazos públicos e privados na noite San Xoán. O prazo de solicitude destas fogueiras estará aberto ata as 14:00 horas do 15 de xuño.
CULTURA E MEDIO AMBIENTE
Música e actividades diversas na Romaría Pop, un novo concepto de Festival, o 16 de xuño no parque de Belvís
O parque de Belvís é o lugar elixido para celebrar a Romaría Pop, un novo concepto de festival que presentaron a concelleira de Medio Ambiente e Parques e Xardíns, María Castelao; o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e Álvaro Álvarez, de Desconcierto Cultural, organizadores do evento. Será o sábado 16 de xuño, desde as 13:00 ata as 23:00 horas e, ademais de música, haberá diversas actividades para que sexa unha xornada lúdica para toda a familia.