BENESTAR SOCIAL
O Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte impartiu unha charla sobre deberes e dereitos educativos dos pais e nais
O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais impartiu unha charla baixo o título Dereitos e deberes dos pais e das nais no eido da educación a as súas consecuencias na práctica. Tratábase da última das sesións programadas no marco dos obradoiros Familia e Escola, realizados durante todo o mes de maio na Casa das Asociacións de Benestar Social e encadrados dentro do Programa Municipal de Intervención Sociofamiliar da Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e.../em>
COMERCIO
Celebrado en Raxoi o sorteo dos 11 premios da Noite Aberta de Primavera
A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, realizou na sala de prensa do Pazo de Raxoi o sorteo dos premios correspondentes ao programa Noite Aberta de Primavera.
ALCALDÍA
O Compostela inaugurou a sala de trofeos que honra a figura de José Albarrán
A Sociedade Deportiva Compostela inaugurou a súa sala de trofeos, en honra á figura do ex presidente José Albarrán Juárez. O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiou a este acto, enmarcado no 50 aniversario da entidade.
URBANISMO
Acométese a retirada de 28 cabinas telefónicas sen uso e de 5 paneis informativos
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dalgunhas das accións que o Goberno municipal está a levar a cabo en materia retirada e limpeza de mobiliario no Casco Histórico e noutras zonas da cidade. Así, informou do proceso de retirada de 28 cabinas telefónicas sen uso, da limpeza e adecentamento dos buzóns de Correos e da próxima eliminación dos cinco paneis informativos de Compostela Monumental existentes na améndoa histórica.
ALCALDÍA
Os coches de época do Rally "Protagonistas" pasaron por Compostela
O Rally Internacional Protagonistas, de coches de época, cumpre a súa XXI edición. Os seus participantes chegaron a Santiago e foron recibidos na praza do Obradoiro polo alcalde compostelán, Ángel Currás.
CULTURA
O programa Teatro&Danza programa novas funcións de "Shakespeare para ignorantes"
Mofa e Befa, Quico Cadaval e Fernando Reyes chegan de novo ás táboas do Teatro Principal os días 30 e 31 para representar Shakespeare para ignorantes. Será a primeira vez que representen a obra en Galicia coa música en directo e fano dentro do programa Teatro&Danza, da Concellería de Cultura. As entradas para poder ver o espectáculo, 10 € xeral e 6 € no anfiteatro, poden mercarse na billeteira do propio Teatro en horario de 18:00 a 21:00 horas ou en Novagaliciabanco.
CONSORCIO
Presentada María Antón como nova xerente do Consorcio
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou en rolda de prensa á nova xerente da entidade, María Antón. Na súa comparecencia, Currás salientou as aptitudes da nova xerente e calificouna como a persoa axeitada para dirixir o ente administrativo neste momento. Así mesmo, repasou os principais proxectos que o Consorcio ten en marcha na actualidade e que serán financiados con cargo aos orzamentos deste 2012, aprobado o 22 de maio e que ascenden a un total de 11,2 millóns de euros.
CULTURA
Sumrrá celebra o seu XII aniversario cun concerto no Teatro Principal
Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido, Sumrrá, celebran o seu 12 aniversario cun concerto no Teatro Principal dentro do ciclo Íntimo&Acústico. Será o martes 29 de maio, ás 21:00 horas, e as entradas para o concerto, 8 € anticipada e 10 € o propio día, poden mercarse nas billeteiras do recinto, abertas de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas.