FESTAS
A Feira Cabalar da Ascensión programa un espectáculo de doma de alta escola en homenaxe a Rosalía de Castro
O xoves 17 de maio, festividade da Ascensión, celebrarase a tradicional Feira Cabalar no Mercado Nacional de Gando de Santiago de Compostela, en Amio. O programa inclúe a exhibición de doma con cabalos de pura raza galega a cargo da sección de doma da Asociación Pura Raza Cabalo Galego.
RECOLLIDA DE LIXO
O Concello colocará 29 colectores para a recollida de roupa e calzado
Respondendo á demanda cidadá e á vista de exemplos analizados noutras cidades, o Concello vai proceder a licitar a colocación de 29 colectores para a recollida de roupa, calzado e outros residuos téxtiles. Así o anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Barrios, Servizo de Recollida de Lixo e Limpeza Viaria e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente.
DEPORTES
O CD Conxo fomentará a conciliación familiar e laboral no seu campus de verán
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o I Campus de Verán do Club Deportivo Conxo, que se celebrará do 25 de xuño ao 31 de xullo. Esta iniciativa, coa que colabora o Concello, ten coma finalidade potenciar, mediante actividades lúdicas e deportivas, un hábito de vida saudable entre os máis cativos.
COMERCIO
O comercio compostelán celebra o 18 de maio a primeira Noite Aberta de Primavera
A Concellería de Comercio, dirixida por Reyes Leis, organiza por primeira vez a Noite Aberta de Primavera do comercio compostelán, que se celebrará o venres 18 de maio e que se integra dentro do programa municipal de actividades das Festas da Ascensión.
EDUCACIÓN
A Campaña de Animación á Lectura uniuse á celebración das Letras Galegas
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez Iglesias participou na Galería Sargadelos nas diferentes actividade e obradoiros previstos para a xornada na XII Campaña de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e a editorial Kalandraka. Con motivo da celebración das Letras Galegas, reforzáronse as actividades para dar acollida a un maior número de asistentes.
URBANISMO
O alcalde presenta aos empresarios do Tambre dous proxectos de mellora dos sistemas de seguridade e contra incendios
O alcalde compostelan, Ángel Currás, e a concelleira de Urbanismo, María Pardo, reuníronse co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, na sede da entidade. O obxectivo do encontro era informar aos empresarios do Tambre sobre as subvencións que o Concello solicitou á Xunta de Galicia para acometer dous proxectos de mellora das infraestruturas desta superficie industrial, cun investimento previsto de 231.552 euros.
DEPORTES
Autobuses lanzadeira dende Ramón Piñeiro para asistir ao I Freestyle de Santiago
Os pilotos participantes no I Freestyle de Santiago de Compostela visitaron o Pub A Quintana, entregaron ao seu xerente, Félix García Insua, un casco firmado por todos os participantes e doado por Motos Dagan off Road. Na xornada do xoves, día da Ascensión, agárdalles unha reñida competición, onde todos os pilotos se medirán co campión do mundo Dani Torres.