ALCALDÍA
Santiago recibirá 2,7 millóns de euros en 2012 en virtude do Estatuto da Capitalidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinaron o convenio de colaboración polo que o Goberno galego financia o Estatuto de Capitalidade. Para facer fronte aos gastos derivados da súa condición de capital de Galicia, Santiago recibirá 2.703.000 euros neste exercicio 2012.
DEPORTES
Compostela acollerá o xoves 17 unha nova edición da Carreira Ciclista da Ascensión
A praza do Obradoiro acolleu a presentación da Carreira Ciclista da Ascensión, que se celebrará o xoves 17, con saída ás 15:00 horas na avenida de Juan Carlos I e chegada á mesma rúa. Esta proba, convertida xa nun clásico do calendario ciclista, contará coa presenza de equipos galegos, asturianos, leoneses e portugueses.
ALCALDÍA
Reunión do alcalde co reitor da USC
O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Fonseca co reitor da USC, Juan Casares Long.