ECONOMÍA
O Cersia acolle o seminario "A miña brúxula negociadora" para mellorar as capacidades de negociación dos emprendedores
A Concellería de Economía, dirixida por Reyes Leis, organiza, en colaboración coa Asociación Xóvenes Empresarios Marineda A miña brúxula negociadora, un novo seminario dirixido a emprendedores, empresarios e directivos, co obxectivo de que podan mellorar as súas capacidades negociadoras. Esta actividade enmárcase dentro do programa municipal Santiago Investors Support, que naceu a finais do ano 2011.
ALCALDÍA
Concello, Xunta e Fomento asinan os convenios para novas fases de actuación nas áreas de rehabilitación integral
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á sinatura dos acordos da comisión bilateral relativa ás Áreas de Rehabilitación Integral de Galicia, acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor.
XUVENTUDE
Obradoiros, música e un espectacular descenso en BTT para celebrar unha xornada de cultura urbana nas festas da Ascensión
O concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, presentou o Festival de Cultura Urbana, que se celebrará o sábado 19 no marco das Festas da Ascensión. Celebraranse varios obradoiros, un concerto e o I Descenso Wild Wolf Santiago Down Town.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba obras de mellora do firme en San Marcos e a instalación de equipos de aforro de enerxía no alumeado
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou obras de mellora do reforzo do firme en San Marcos, e a instalación de equipos de aforro no alumeado de diversas partes da cidade. Ademais, deuse conta da sinatura de tres convenios para o financiamento de novas actuacións nas áreas de rehabilitación integral.
EDUCACIÓN
Recepción a un grupo de escolares franceses en intercambio co IES Eduardo Pondal
Os concelleiros Rebeca Domínguez, Reyes Leis e Juan de la Fuente recibiron en Raxoi un grupo de escolares franceses, que participan nunha actividade de intercambio con IES Eduardo Condal.
MEDIO AMBIENTE
Compostaxe comunitaria nas hortas de Belvís
Vénse de por en marcha a experiencia da compostaxe comunitaria nas hortas de Belvís. Como punto de partida, celebrouse unha charla, impartida por unha educadora ambiental de ADEGA, na que participou a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao.
RECOLLIDA DE LIXO
O Concello imporá sancións de ata 3.000 euros por vertidos nas inmediacións do vertedoiro clausurado de Aríns
O concelleiro de Recollida do Lixo e Limpeza Viaria, Juan de la Fuente, informou sobre os traballos de limpeza e vixilancia que se están a realizar nas inmediacións do clausurado vertedoiro de Aríns. Segundo indicou, Urbaser concluirá os labores de limpeza a mediados desta semana, e a Policía Local vixía que non se produzan máis depósitos de lixo.