EDUCACIÓN
Entregados os premios aos pequenos ilustradores do 50 aniversario da Sociedade Deportiva Compostela
O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidiu o acto de entrega de premios aos catro escolares que gañaron o Concurso de Debuxo do 50 aniversario da SD Compostela. Estes traballos resultaron elixidos entre os 50 finalistas, do total de máis de 250 presentados.
PLENO
O Concello solicitará un crédito de 12,7 millóns de euros para afrontar os pagos pendentes a provedores
O Pleno da Corporación aprobou nunha sesión extraordinaria a operación de endebedamento, mediante un crédito ICO, para facer fronte ao pago aos provedores con facturas pendentes a 31 de decembro de 2011, segundo o mecanismo establecido polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O Concello de Santiago solicitará un crédito por un importe de 12,7 millóns de euros.
EMPREGO
Santiago celebrou unha xornada para a dinamización do mercado local de emprego
O Hostal dos Reis Católicos foi escenario dun encontro entre diversas empresas privadas de alto nivel e a Administración Pública, nunha iniciativa impulsada polo Concello. Baixo o título Estratexias de colaboración público-privada para a dinamización do mercado do emprego no contexto local, a xornada reuniu durante varias horas aos responsables de importantes firmas privadas con presenza de representantes de entidades públicas como a Cámara de Comercio, o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), a...
PERSOAL
Amelia González afirma que "non se pode recortar o que non hai" no cadro de persoal
A concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, deu conta da proposta do Goberno local que se está a debater na mesa de negociación cos representantes sindicais dos traballadores municipais, tanto no relativo ao cadro de persoal funcionario e laboral como aos aforros de determinadas partidas complementarias. En calquera caso, explicou, "os salarios non se van tocar, non se vai prescindir de ninguén nin vai haber ningún expediente de regulación de emprego".
ALCALDÍA
O alcalde reuniuse co presidente da Xunta
O alcalde compostelán, Ángel Currás, foi recibido en San Caetano polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os nenos e nenas participantes no "Classicobradoiro de pequenos cineastas" recibiron os seus diplomas
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, presidiu o acto no que os nenos e nenas participantes no Classicobradoiro de pequenos cineastas, incluído no programa Compostela Cine Classics, recibiron os seus diplomas. Os rapaces e rapazas e as súas familias tamén puideron visionar algún dos traballos cinematográficos destes aprendices de artistas.
DEPORTES
As familias compostelás teñen unha cita deportiva e lúdica no Día da Bicicleta
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a responsable en Santiago de Decathlon, Isabel Rodríguez, presentaron a segunda edición do Día da Bicicleta. Celebrarase o domingo 13 e contará cun percorrido en bicicleta pola cidade e con diversas actividades lúdicas na praza do Obradoiro.
TURISMO
Turismo de Santiago colabora con Aer Lingus na promoción da cidade en Irlanda
O sábado 12, no programa Saturday Night Show, da televisión pública irlandesa RTÉ, sortearanse dous billetes de avión con catro noites de hotel no Hostal dos Reis Católicos nunha campaña de promoción de Aer Lingus da súa conexión entre Dublín e Santiago, na que colaboran Turismo de Santiago, a rede de Paradores de España e a Oficina Española de Turismo en Dublín.
CULTURA
Curtocircuíto pechou unha nova edición coa entrega de premios ás curtas gañadoras
O Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, pechou esta edición coa gala de clausura, na que se entregaron os premios ás mellores curtas das diferentes categorías. Á gala seguiulle un cineconcerto con Mano de Obra e a proxección das curtametraxes gañadoras.
EDUCACIÓN
Concerto da Escola Municipal de Música no marco do 800º aniversario da Catedral
A Banda, a Orquestra e o Coro da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto na praza das Praterías, no marco do 800º aniversario da Catedral de Santiago e da exposición Compostella Dicitur.