EDUCACIÓN
Máis de 90 escolares participan no programa de conciliación familiar da Semana Santa
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, visitou os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola, onde se están a desenvolver as actividades do Programa Municipal de Conciliación Familiar para a Semana Santa 2012. Máis de 90 escolares de educación infantil e primaria participan nas actividades, que se celebrarán tamén os días 4 e 9 de abril.
COMERCIO
A artesá Ana Serra deseñará a figura conmemorativa dos Premios do Comercio
Os gañadores dos Premios de Comercio deste ano recibirán unha figura conmemorativa deseñada por Ana Serra García, de Medialúa, gañadora do concurso dirixido aos artesáns composteláns adheridos á marca Artesanía de Galicia, con motivo dos Premios do Comercio. O Xurado que elixiu a figura gañadora estivo formado por representantes do Concello, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e das asociacións comerciais.